Proxecto Climántica

Proxecto ClimánticaQue é?

Climántica é un proxecto de Educación Ambiental en rede co obxectivo básico de intercambiar ideas e experiencias, xerar produtos didácticos interdisciplinares, enriquecer o currículo de Educación Ambiental e abordar as principais problemáticas ambientais relacionándoas co cambio climático.

A quen vai dirixido?

Está dirixido á cidadanía en xeral, sacando os contidos e metodoloxías das aulas dos diferentes niveis do sistema educativo, con produtos como unidades didácticas, blogs, documentais, novelas, videoxogos, bandas deseñadas, curtos de animación e revistas. Para sacar a Educación Ambiental das aulas estimula a produción didáctica do profesorado e a súa participación como formadores en obradoiros, investigacións, dinámicas de grupo e seminarios.

Tamén estimula que os estudantes sexan divulgadores de contidos de sensibilización ambiental destinados á cidadanía que presentan en congresos e editan na web. Outra vía de saída da Educación Ambiental das aulas ás rúas é a formación de alumnos formadores sobre cambio climático en espazos públicos.

A súa web trilingüe www.climántica.org tamén pon á disposición do cidadán, vídeos, contido divulgativo navegable, blogs temáticos e cursos web de autoaprendizaxe e autoevaluación. A web ofrece contidos en galego, castelán e inglés.

Contidos

O proxecto aliméntanse de contidos dende libros didácticos con estilo de unidades didácticas, blogs e wiki. As unidades didácticas teñen unha aplicación moi directa nas clases de secundaria e universidade, porque o seu deseño global e interdisciplinar posibilita que a súa aplicación nas diferentes áreas, materias e módulos resulte interesante, sinxela e eficaz, tal e como evidencia o seu uso en clases de Bioloxía, Xeoloxía, Xeografía, Historia, Física, Química, Tecnoloxía e Economía, entre outras. Disponse ademáis de un modelo de aplicación en ESO para Proxecto Interdisciplinar denominado Climaeucambio e outro para a materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo con edublogues.

Para a aplicación en Primaria disponse do material didáctico Aprendemos coas Escolas Climánticas en papel e a versión dixital na subweb Exercicios .

Os contidos máis singulares do proxecto atópanse aloxados nos seguintes apartados da web

1.   Inicio. Actualidade do proxecto en sistema blogue e posibilidade de navegación HTML polo contido das unidades didácticas editadas en papel.

2.   Formación. Leccións e cursos web de autoaprendizaxe e autoavaliación. Tamén recolle reseñas e vínculos a vídeos dos relatorios dos cursos presenciais

3.   Climántica TV. Vídeos das conferencias, xornadas, entrevistas, documentais e cursos realizados no marco do proxecto.

4.   Clima mozo. Mediante o estudo do clima, os alumnos de 12 a 15 anos, poden ir vendo de primeira man os efectos do cambio climático no territorio que os rodea. Este recurso explica cómo tomar as medidas, cómo construír instrumentos de medición caseiros, relatos literarios relacionados con la climatoloxía e representa os datos que recollen nas súas estacións escolares (MeteoEscolas)

5.    VideoxogoCLMNTK. Xogo interactivo de simulación no que os xogadores teñen que xestionar novas poboacións para os habitantes que escapan dunha cidade moi contaminada no ano 2015, conciliando a sostibilidade, o progreso, e a economía, co benestar social da poboación e o respeto ao medio ambiente, tentando que o contorno non se vexa afectado.

6.   Blogs. Todos os centros que forman parte do proxecto poden ter o seu propio blog en Climántica onde publican as novas e recursos do centro relacionadas co programa. Para cada nivel educativo hai un blog guía dende os que se accede os blogs dos centros. Tamén se aloxa un sistema de blogs de outros países que participan en el proxecto e unha selección de blogs especializados en temas concretos.

7.   Biblioteca. Recolle para a súa descarga todos os contidos editados en texto no marco do proxecto entre os que destacan os libros didácticas, as bandas deseñadas e as novelas.

8.   Exercicios. Actividades web interactivas para 10-12 anos, baseadas nas vivencias familiares, sobre variacións ao longo das tres xeracións no uso das fontes de enerxía, na mobilidade, no consumo, na xestión de residuos e no clima, para situar de forma intuitiva e sincrética, aproveitando os recursos e personaxes das bandas deseñadas, da novela e do videoxogo, o problema e as solucións ao cambio climático.

9.   Wiklimántica.Trátase dunha wiki con tres grandes apartados, busca, participa e dialoga con un experto sobre 5 categorías: Enerxía, Terra, Auga, Tecnoloxía, Sociedade e Clima.

 

PARA SABER MÁIS: Páxina web Climántica

 

 

Menús Generic node R

Climántica

Sen términos