Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

AlertaEscolar

O programa Alerta Escolar implica ás consellerías competentes en materia de educación e sanidade, permitindo a atención urxente ao alumnado cunha serie de condicións crónicas potencialmente graves como son a diabetes, a epilepsia e as alerxias graves (aínda que progresivamente ampliarase o rango de atención).

Para proceder a esta atención é preciso que o centro educativo dea de alta ao alumnado que corresponda a través dun formulario en liña. A partir dese momento a Fundación Pública 061 contactará co centro para darlle as instrucións precisas sobre  os pasos a seguir en caso de urxencia e a conservación da medicación correspondente.

Desde decembro de 2021 as altas do programa Alerta Escolar realízanse  mediante o formulario a través do bloque do mesmo nome en https://www.edu.xunta.gal/protocoloseducativos/  .

Para calquera aclaración ou dúbida sobre o funcionamento deste servizo web pode poñerse en contacto coa

Unidade de Atención a Centros:

Teléfono: 881 99 77 01        Fax: 881 99 77 88   Correo electrónico: uac@edu.xunta.gal

Máis información en  https://061.sergas.gal/Paxinas/web.aspx?tipo=paxtxt&idLista=4&idContido=39&mi...=&idioma=es

Manual de instrucións

Descarga dos carteis sobre actuacións de urxencia