Valores, reforma e educación
Juan Granados Loureda
Director da Revista galega do ensino. EDUGA
Nos principios educativos sinalados pola LOMLOE e nos seus decretos de desenvolvemento, que imos coñecendo, existen, sen dúbida, dous elementos moi visibles. O primeiro, a insistencia no desenvolvemento do ámbito competencial no proceso de ensino-aprendizaxe, o segundo, a evidente énfase que o lexislador quixo sinalar no desenvolvemento do que denominamos valores; onde conviven os que entendemos como máis tradicionais, tal é o caso da liberdade, a igualdade ou a equidade, con outros máis propios destes tempos, como o fomento da chamada resiliencia ou os valores do espectro ecoloxista como a ecosostibilidade. A pregunta que cabe a continuación é xa antiga, son compatibles os valores entre si?, o avance no logro destes pode camiñar sempre simultánea e acompasadamente? O espírito da Ilustración así parecía crelo, lembremos o lema da Revolución Francesa: liberdade, igualdade, fraternidade, tres valores de loabilidade e rango similar, aos que, non obstante, lles custou camiñar xuntos. De feito, para a filosofía política postilustrada, digamos, para o mundo romántico e o seu desenvolvemento posterior, isto non é sempre posible.
Así, o pensador letón radicado en Oxford, Isaiah Berlin, encontraba no romanticismo a primeira mostra dun pensamento que enfatiza a existencia dun conflito nos valores. O racionalismo ilustrado, na súa opinión, non o facía en absoluto, pois entendía, de forma monista, que para cada pregunta auténtica, debería existir unha solución verdadeira. Solucións que, en ocasións, se mostraban palmariamente liberticidas; de feito, Berlin consideraba a Rousseau como «o máis sinistro e formidable inimigo da liberdade» (1). Un xuízo sobre a Ilustración revolucionaria co que, por certo, coincidía Michel Foucault, segundo contaba nunha entrevista concedida para a obra El ojo del poder:
Su problema, de nuevo, no ha sido hacer que las gentes fuesen castigadas; sino hacer que ni siquiera puedan actuar mal en la medida en que se sentirían sumergidas, inmersas, en un campo de visibilidad total en el cual la opinión de los otros, la mirada de los otros, el discurso de los otros, les impidan obrar mal o hacer lo que es nocivo. Esto está presente constantemente en los textos de la Revolución.
Na mesma liña, Berlin sinala que despois da obra de Johann Gottfried Herder, a cultura europea abrazou a tolerancia, en tanto que recoñecía a pluralidade da verdade e dos valores. Pero tamén sinala que os románticos, pola súa vez, legaron a tiranía da política de «identidade propia» e os nacionalismos excluíntes, obsesionados pola «contaminación» doutras razas, relixións, xéneros ou nacionalidades. O romanticismo achegara, en suma, a «Beethoven compoñendo na súa burfarda» tanto como a «Hitler, líder e artífice dunha nación». Esta é para Berlin a parte deplorable do subxectivo elevado á política e ás relacións humanas. Tomando a expresión de Kant, «o fuste torcido da humanidade», que, dalgún xeito, impide unha e outra vez o feliz discorrer das cousas; para el, a maldición do século XX coa obra de individuos como Hitler (a pureza racial) ou Stalin (a ditadura totalitaria) residira precisamente en:
La división de la humanidad en grupos –hombres propiamente dichos, y otros órdenes inferiores de seres, razas inferiores, culturas inferiores, criaturas subhumanas, naciones o clases condenadas por la historia— es algo nuevo en la historia humana. Es la negación de una humanidad común; una premisa sobre la que descansaba todo el humanismo anterior, religioso y secular (2).
En palabras do seu discípulo Larry Siedentop, a Berlin gustáballe introducirse na irracionalidade romántica de día, pero sempre volvía á Ilustración pola noite.
Pero regresemos aos valores. Baixo unha especie de paradigma do «non todo é tan doado», Berlin cre nos valores, pero non cre que os valores en si sexan sempre compatibles ou máis ben cre que case nunca o son. Tomemos novamente o frontispicio da Ilustración: «liberdade, igualdade, fraternidade». Tres excelentes valores, pero que ocorre cando promovemos a igualdade? Pois que, con frecuencia, a súa ampliación vai en detrimento da liberdade, polo tanto, ningún credo lineal ten cabida fóra dos lindes da mera utopía. Desenvolveu así Isaiah Berlin unha intelixente liña de pensamento, bastante incómoda para pensadores dunha e doutra beira, que marcou unha época e o elevou ao cumio da filosofía política pola directa vía de dicir o que pensaba, vexamos un exemplo:
Igualmente me parece que puede demostrarse que es falsa la creencia de que en principio pueda encontrarse una única fórmula con la que puedan realizarse de manera armónica todos los diversos propósitos de los hombres. Si, como yo creo, éstos son múltiples y todos ellos no son en principio compatibles entre sí —por ejemplo, aquellas libertad e igualdad de la Revolución Francesa—, la posibilidad de conflicto y tragedia no puede ser nunca eliminada por completo de la vida humana, personal o social.
Dito doutro xeito, a liberdade é un valor, pero non o único e, a miúdo, a presunta liberdade dalgúns constrúese sobre a máis groseira escravitude doutros. Así, podía afirmar:
Se dice, muy plausiblemente, que si un hombre es tan pobre que no puede permitirse algo, respecto a lo cual no hay ningún impedimento legal —una barra de pan, un viaje alrededor del mundo, o el recurso a los tribunales—, tiene tan poca libertad para obtenerlo como si la ley se lo impidiera.
Ou, máis brevemente: «Como dijo un escritor radical ruso del siglo XIX, hay situaciones en las que las botas son superiores a las obras de Shakespeare». Na súa opinión, entón, a liberdade desaparece cando non hai posibilidades de elección, dando «armas a lo fuertes, brutales y sin escrúpulos contra los débiles y humanitarios, y a los que eran agraciados y despiadados contra los menos dotados y afortunados». Engadindo aquela recordada frase: «La libertad de los lobos frecuentemente significó la muerte de las ovejas».
Deste modo, liberdade negativa e liberdade positiva representan dúas caras antagónicas da mesma moeda, unha anhela a diminución da autoridade, a outra, o aumento da liberdade de elección ou, de ser o caso, manter a liberdade en mans moi concretas, soño de xacobinos. Ambas, non obstante, son tan necesarias como pertinentes e están obrigadas a alcanzar un certo equilibrio que ofrece tamén un certo grao de perfectibilidade, pois nada é sinxelo e é sempre necesario adaptarse ás circunstancias que nos rodean, algo que tamén defendía con vehemencia Ortega y Gasset.
Toda elección moral, entón, implica perda, o sacrificio de fins desexables: tanta cantidade de xustiza, por exemplo, significará unha inevitable perda de clemencia e así sucesivamente con todos os valores en permanente conflito. Esta dúbida empírica de Berlin levouno a insistir na colección de ensaios Four Essays on Liberty (1969) na idea de que as solucións monistas aos grandes problemas da filosofía política, isto é, a insistencia nun único método válido de comprensión e explicación, algo moi visible en Hegel e Marx (inevitabilidade histórica) ou Comte (a felicidade como produto da organización social), non se adecuaban á condición humana. Insistindo novamente na súa defensa da liberdade negativa.
Sobre Isaiah Berlin dinos o seu divulgador Henry Hardy (3): Berlin algunha vez describiu o corazón da súa obra como «una desconfianza de toda proclama de posesión de conocimiento inamovible sobre asuntos de hecho o de principios en cualquier esfera de la conducta humana». E así era, mantivo a súa defensa do pluralismo ata o final, desde logo non se consideraba o primeiro en formulalo, pero talvez si era o primeiro en soster que o pluralismo era o único sistema capaz de congraciar en medida razoable os diferentes valores, evitando no posible os excesos. Talvez por esta razón, a miúdo é acusado de relativista, de non chegar a ningunha parte, pero o relativismo é elemento ben distinto do pluralismo. Berlin sabía desde logo que ideas rexeitar de plano e cales non, aí está a diferenza. En palabras de Hardy:
El pluralismo de Berlin justifica su profundo rechazo a la coerción y manipulación por parte de autoritarios y totalitarios de todo tipo: comunistas, fascistas, burócratas, misioneros, terroristas, revolucionarios y todos los demás déspotas, igualadores, sistematizadores o proveedores de «felicidad organizada». Detestaba en primer lugar toda forma de colectivismo y, no obstante, su escepticismo le hacía pasar el tamiz por ambas riberas del río, no podía, afirmaba, defender la irrestricta libertad económica que «llenó de niños las minas de carbón». Su concepto de los valores se concebía de otra manera, desde la práctica de la tolerancia y la adaptación constante a la realidad. ¿Su principal legado? El poder del honesto intelecto, al fin, como le gustaba decir: «Estamos condenados a elegir y cada elección puede implicar una pérdida irreparable».
(1) Vid. Berlin, Isaiah. Vico y Herder: Dos estudios en la historia de las ideas. Madrid, Cátedra, 2000 y Las ideas políticas en la era romántica. Surgimiento e influencia en el pensamiento moderno. México, Fondo de Cultura Económica, 2014.
(2) BERLIN, Isaiah. El fuste torcido de la humanidad. Capítulos de historia de las ideas. Barcelona, Península, 2019. Páx. 179.
(3) Hardy, Henry. Isaiah Berlin, una impresión personal. Letras Libres, 2007. https://www.letraslibres.com/mexico-espana/isaiah-berlin-una-impresion-p...