Convivencia restaurativa

Aprender a convivir y a construir entornos de aprendizaje seguros

Título: Convivencia restaurativa

Subtítulo: Aprender a convivir y a construir entornos de aprendizaje seguros

Autor/a: Juan de Vicente Abad

Editorial: SM

Ano: 2021

Páxinas: 312

Contido:

A escola debe ensinar a convivir e debe facelo dunha forma programada, sistemática e explícita. Pensar na convivencia en  términos de aprendizaxe consiste en definir que competencias queremos que adquira o alumnado, como conseguilo e de que maneira avalialo. Desde a lóxica retributiva, o sistema educativo expulsa o alumnado que non se relaciona de maneira adecuada. Iso supón un fracaso tanto para os excluídos como para quen permanece, xa que ningún aprende a superar os conflitos e a convivir en harmonía. En cambio, cando concibimos a convivencia desde unha lóxica restaurativa conectámola coa equidade. As prácticas restaurativas son realmente eficaces para  unir grupos, comunicarnos de xeito eficaz, resolver desacordos e construír comunidade.

 

 

 

Sección: