Relación de preguntas e respostas máis frecuentes
- Quen está autorizado para introducir os datos da estatística de atención á diversidade?
- Son o director do centro e non teño acceso ó servizo web, e ao tentar entrar dime que non teño permiso. Qué teño que facer?
- Son o responsable do departamento de orientación, e ao tentar entrar dime que non teño permiso. Qué teño que facer?
1. Quen está autorizado para introducir os datos da estatística de atención á diversidade?
O director/a do centro e o responsable do Departamento de Orientación son as persoas que están autorizadas para entrar neste servizo web.
2. Son o director do centro e non teño acceso ó servizo web, e ao tentar entrar dime que non teño permiso. Qué teño que facer?
Probablemente se trate dun erro nos datos de persoal da Consellería.
Póñase en contacto coa Unidade de Atención a Centros por calquera das canles indicadas no enlace "Contacto" que figura no pé desta páxina, para que tomen nota do problema e o corrixan.
3. Son o responsable do departamento de orientación, e ao tentar entrar dime que non teño permiso. Qué teño que facer?
Probablemente se trate dun erro nos datos de persoal da Consellería.
Se o centro é público, o director do centro debe facer a proposta segundo o procedemento oficial establecido.
Se o centro é privado, o director do centro debe indicar quén é o xefe do departamento de orientación, entrando no servizo web de Persoal en centros educativos, e poñerlle o cargo correspondente.
Para calquera dúbida, póñase en contacto coa Unidade de Atención a Centros por calquera das canles indicadas no enlace "Contacto" que figura no pé desta páxina, para que tomen nota do problema e o corrixan.