Inicio
CENTROS DA PRIMEIRA FASE DO DRDADI
O PRAZO PARA CUBRIR O DRDadi amplíase ata o VENRES 13 de DECEMBRO de 2024
Nesta fase inclúense os centros coa seguinte denominación xenérica:
EEI, CEIP, CEP, CPI, CRA e Cen. Pub.
Dende esta aplicación recóllense os datos relativos á atención á diversidade necesarios para a elaboración da "Estatística do ensino non universitario en Galicia" do actual curso académico
Nestes formularios consignarase o alumnado con necesidade específica de apoio educativo valorado polos servizos de orientación educativa ou o personal competente a tal efecto.
OS DATOS recollidos nos formularios do epígrafe "ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO" SON EXCLUÍNTES, non debe existir duplicidade na recollida do alumnado. Cada alumna/o deberá aparecer só unha vez, segundo a súa problemática dominante.
O alumnado de 3ºESO e 4ºESO que participa nun programa de diversificación curricular (LOMLOE), aparecerá en calquera dos formularios do epígrafe "ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO" pola súa casuística diagnosticada ou predominante. Normalmente, este alumnado que participa en programas de diversificación curricular, se debe a problemas de aprendizaxe, polo que, aquel/es que resultara/n de difícil ubicación, pode/n incluírse no formulario de "Alumnado con trastornos de aprendizaxe".
A información que se solicita estrutúrase en dous bloques:
Alumnado con necesidade específica de apoio educativo
O alumnado con discapacidade recoñecida ten que figurar nesta epígrafe exclusivamente; agás a discapacidade recoñecida de "Alumnado con trastorno por déficit de atención e/ou hiperactividade (TDAH)" que se recollerá no formulario de "Alumnado con trastornos de atención".
Neste formulario consignarase o alumnado valorado como tal polos equipos ou servizos de orientación educativa que require, por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves.
OS DATOS recollidos neste formulario SON EXCLUÍNTES, non deben computar en ningún outro formulario (nin en "Atraso madurativo" nin en "trastornos leves e moderados da comunicación e da linguaxe" nin en "Altas capacidades intelectuais" nin en "Incorporación tardía ao sistema educativo" nin en"Trastornos de aprendizaxe" nin en “Trastornos de atención ” nin en "Descoñecemento grave da lingua de aprendizaxe" nin en "Especiais condicións persoais ou de historia escolar" nin en "Situación de vulnerabilidade socio-educativa"). Cada alumna/o deberá aparecer só unha vez, segundo a súa problemática dominante.
Na aplicación DRDADI, ao pé deste primeiro formulario, baixo o título “Listaxe de necesidades de alumnos de escolarización combinada” aparecerán, se é o caso, os alumnos matriculados no centro que contan cun ditame de escolarización combinada. Será o centro que os recibe quen cubra as súas necesidades e amosaranse aquí.
Se atopa algún erro neles deberá poñerse en contacto co centro en cuestión para que fagan a/s corrección/s oportuna/s. Estes alumnos non poden incluírse en ningún dos formularios deste drdadi para non duplicar o seu cómputo na estatística.
Téñaos en conta para revisar que non lle falte alumnado con necesidades especiais, matriculado no seu centro, sen referenciar neste formulario. De tal xeito que a suma do alumnado que vostede cargou neste primeiro formulario máis o alumnado de combinada que se mostra será o total de alumnado con necesidades educativas especiais.
Dentro deste bloque recóllese información relativa a:
Alumnado que presenta necesidades educativas especiais
Alumnado con atraso madurativo
Alumnado con trastorno leve e moderado da comunicación e da linguaxe
Alumnado con altas capacidades intelectuais
Alumnado de incorporación tardía ao sistema educativo
Alumnado con trastornos de aprendizaxe
Alumnado con trastornos de atención.
Alumnado con descoñecemento grave da lingua de aprendizaxe
Alumnado con especiais condicións persoais ou de historia escolar
Alumnado con situación de vulnerabilidade socio-educativa
Outras especificacións sobre o alumnado recollido nos formularios anteriores
OUTRAS ESPECIFICACIÓNS SOBRE ALUMNADO RECOLLIDO NOS FORMULARIOS DO BLOQUE DE "ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO"
Ou ben, outro alumnado non incluído nos anteriores formularios do DRDADI pero que conta con algunha das casuísticas que figuran neste epígrafe.
Para visualizar todas as casuísticas posibles recollidas neste documento pode consultar este arquivo:
CONSULTE A AXUDA QUE LEVA CADA FORMULARIO PARA REALIZAR ADECUADAMENTE O PROCESO DE RECOLLIDA DE DATOS A TRAVÉS DESTA APLICACIÓN