Skip to Content

Varios

Ola a todos e todas: Teño varias dúbidas que comentarvos: 1ª Despois de escribir unha páxina, quero incluir un arquivo adxunto pero que mo abra nunha ventá nova, como debo facer? 2ª Quero incluir un slide nun contido páxina, xa lin a consulta e a resposta doutros compañeiros, teño claro o do código pero non sei onde pegalo porque o de pegar o arquivo en disable rich-text, non me quedou claro. Un saúdo e moitas grazas.

Adxunto e slide

1-Cando adxunto un arquivo nun contido de páxina, nada máis xuntalo apareceme unha URL. Esa URL é precisamente a dirección na que se gardou o arquivo. Só me queda que facer a dito arquivo unha ligazón ou enlace (icona da cadea no procesaros de textos) que se me abra en ventá nova.

2-Non che recomendamos incluir un slide nunha páxina xa que seguramente non vai funcionar en Firefox e outros navegadores. De todos os xeitos, a cousa consiste en copiar o código, desabilitar o texto rico ( premer no "disable rich-text"). Aparecera toda páxina en código e só tereremos que engadir o código do slide. Repito, nada recomendado.



forum | by Dr. Radut