No caso de que se dean problemas na reproducción dos contidos multimedia, e vemos que a configuración está segundo se describe neste manual, podemos probar coas seguintes indicacións:
- Desactivar o filtro Corrector HTML
Nalgúns casos este filtro pode eliminar as etiquetas necesarias para a reproducción dos medios.
Imos a Administrar >> Configuración do sitio >> Formatos de entrada, pinchamos en configurar do formato no que temos activo o filtro "SWF Tools Filter" (normalmente será o Full HTML)
Comprobamos que está activo o filtro SWF Tools Filter e desactivamos o filtro Corrector HTML
Gardamos a configuración e probamos de novo a reprodución dos contidos.
- Activar a opción "Add JavaScript to all pages" ("Engadir JavaScript a tódalas páxinas")
Pode ocurrir en moitos casos que non se reproduzan os medios e que no canto do reproductor apareza unha mesaxe similar a: "Séntimolo, flash non está dispoñible".
Nese caso seguiremos os seguintes pasos:
Imos á configuración do módulo SWF Tools en Administrar >> Configuración do sitio >> SWF Tools, pinchamos en Embedding Settings (Configuración da integración), e logo en Embedding methods (Métodos de integración)
Activamos a opción "Add JavaScript to all pages" ("Engadir JavaScript a tódalas páxinas") e gardamos a configuración. Como se pode ler no texto de axuda desa opción, podénse dar problemas de caché, que impidan a reprodución dos medios, e marcando esta opción parece que non se deberían dar estes problemas.
Agora probamos de novo a reprodución dos contidos.
- Valeirar a memoria caché de Drupal
Pode ser preciso nalgún caso valeirar a memoria caché na que drupal garda as páxinas que xa ten servido algunha vez. Para facelo seguintos os seguintes pasos.
Imos a configuración de rendemento en Administrar >> Configuración do sitio >> Rendemento. Ao final deste formulario temos o botón para valeirar a caché.
Pinchamos no botón Limpar os datos da caché, esperamos a que remate e voltamos a probar a reprodución dos contidos.
- Valeirar a caché do noso navegador de Internet
Nunca está de máis valeirar de vez en cando a caché ou historial do noso navegador de Internet. Índicase aquí donde facelo nos navegadores máis populares:
- Firefox: Menú Historial >> Limpar o historial recente
- Chrome: Configuración >> Hstorial >> Eliminar datos de navegación
- Internet Explorer: Menú Herramientas >> Eliminar el historial de exploración
- ...