Saltar navegación

Alias de URL

Ruta: Administrar > Construcción do sitio > Alias de URL

A creación de alias de URL permítenos definir un xeito máis directo e doado de acceder a unha ruta ou a un contido dentro da nosa web. Para dispoñer desta función debe estar activo o módulo Path, ubicado na sección Core - Opcional da lista de módulos.

Pestana Lista de alias

Na pestana Lista podemos ver os alias dispoñibles cos seguintes campos:

Alias: é a palabra que engadida á URL da páxina principal nos levará á ruta especificada (no exemplo da imaxe: blogwebmaster).

Sistema: ruta dentro da nosa web destiño do alias. Só se debe especificar a parte da URL que vai despois da URL da páxina principal da web (no exemplo da imaxe: blog/1).

Idioma: idioma para o cal estará dispoñible o alias. Se aparece baleiro quere decir que está dispoñible para todos os idiomas.

Operacións: enlaces para editar e eliminar o alias de URL.

Lista de alias de URL

Figura 1: Lista de alias de URL.

Con este alias, a URL http://www.edu.xunta.es/centros/CENTRO/blogwebmaster é equivalente á ruta http://www.edu.xunta.es/centros/CENTRO/blog/1

Pestana Engadir un alias

Pinchando nesta pestana accedemos ao formulario para engadir un novo alias. Este formulario é o que se usa tamén para editar un alias existente. Para engadir un novo alias de URL debemos introducir os seguintes valores:

Idioma: idioma para o cal estará dispoñible o alias de URL. Se queremos que este alias funcione só cando se está visualizando a interfaz da web nun idioma concreto, selecionaremos aquí o idioma desexado, pero esto debe utilizarse só cando está establecido algún mecanismo de negociación de idioma na configuración de idiomas do sitio.

Ruta existente no sistema: aquí introduciremos a ruta dentro da web á que queremos acceder (no exemplo da imaxe anterior: blog/1). Esta ruta xa debe existir. Se o alias é para acceder a un contido a ruta será do xeito node/NID donde NID e o número que identifica ao contido, pero isto tamén o podemos facer desde o formulario de creación ou edición do propio contido, introducindo o nome do alias na súa sección Axustes de ruta URL.

Alias de URL: aquí introduciremos a palabra que queremos sexa un alias da ruta anterior (no exemplo da imaxe anterior: blogwebmaster).

Novo alias de URL

Figura 2: Creación dun novo alias de URL.

Unha vez introducidos os valores desexados pulsamos no botón Crear un novo alias, neste momento o sistema comprobará se a ruta existe e devolverá un erro en caso de non existir.

É posible crear varios alias distintos para a mesma ruta, aínda que non tería moita utilidade. Tamén é posible crear varios alias iguais para distintas rutas, pero esto non ten sentido xa que non poderemos estar seguros de a cal de elas nos levará. Este tipo de repeticións teñen máis sentido se as facemos para distintos idiomas.