Construción da páxina
Nos menús de administración "Construción do sitio" é onde configuramos todo o relativo á "estrutura física" da páxina: desde a distribución dos seus diferentes elementos (bloques e menús), ata a selección das plantillas que dan un aspecto máis personalizado.
Veremos a creación dun menú dinámico a partires dunha taxonomía, procedemento clave para a boa configuración da nosa web de centro.
Veremos tamén a administración de módulos, que son os responsables de dotar de funcionalidades á nosa páxina. Como administradores no centro dun Proxecto compartido cos demais centros educativos galegos, poderemos activar e desactivar os módulos xa instalados pero a instalación de novos módulos está restrinxida aos responsables do proxecto Webs Dinámicas.
Tamén trataremos neste tema sobre a creación de alias de URL.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 3.0