Volve de novo a fotografía ao Xulián Magariños. Se o ano pasado o tema do noso concurso fotográfico foi a fotografía matemática, este ano queremos ver a creatividade do noso alumnado aplicada a mostrar o patrimonio do concello de Negreira e do camiño de Santiago que por aquí pasa.
IV CONCURSO FOTOGRÁFICO IES XULIAN MAGARIÑOS
Patrimonio e Camiño de Santiago en Negreira
O concurso está aberto a participación de todo o alumnado do noso centro.
Prazo límite de presentación de fotografías o 15 de novembro.
RECOÑECEMENTO Á EXCELENCIA
Moitísimos parabéns á nosa ex-alumna Mencía Casas, que acaba de ser galardoada co Premio Extraordinario de Bacharelato xunto con outros 19 alumnos excelentes de toda Galicia. Todo un orgullo para o noso centro e a nosa vila.
TAQUILLAS
O alumnado de 1º ESO, 3º ESO C e 4º ESO dispón de taquillas nas aulas. En caso de que desexen facer uso delas deberán entregar este contrato cuberto e asinado ao tutor/a ou en secretaría do centro
Modelo de contrato para cesión da taquilla (2022-2023)
REPARTO DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS
Xa se fixo entrega dos libros de texto de 2º e 4º ESO. Estamos a espera de recibir os libros dalgunhas materias de 3º ESO (que segundo nos comentan están en impresión aínda), para proceder ao seu reparto. Esperamos que sexa ao longo desta semana.
INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS SOBRE EDIXGAL
No portal Espazo Abalar está dispoñible un folleto con toda a información para as familias
Convócase aos pais/nais de alumnado de 1º ESO a unha reunión informativa o vindeiro mércores 7. Para saber o grupo en que está encadrado o seu fillo/a poden consultar as listaxes de grupo no taboleiro de anuncios á entrada do centro.
O transporte escolar funcionará co horario habitual xa dende o día 8.
Lembramos que o alumnado de FP Básica e de Bacharelato terá a súa presentación o día 8 ás 9:35, polo que recomendamos que estea no instituto as 9:30 horas.
Prema na imaxe para cargar o documento orixinal PDF
ATENCIÓN: DETECTADO UN ERRO NO ISBN DO LIBRO DE 1º ESO FRANCÉS 2ª LINGUA CAHIER D' EXERCISES: o ISBN Correcto é 978-84-9049-449-3
Listaxe de libros de texto e material necesarios para o vindeiro curso (pdf).
A TER EN CONTA:
- Lembramos que somos centro E-DIXGAL e que o curso 22-23 abrangue a 1º e 2º ESO, no que TODO o alumnado recibirá un ordenador portátil e material educativo dixital para alomenos 6 materias.
- Nos cursos pares onde aínda non se implantan os novos currículos (2º ESO nas materias que non pasen a ser impartidas por E-DIXGAL, 4º ESO e 2º BAC) os libros de texto serán os mesmos que o ano pasado. Xa que estes libros perderán a súa vixencia ao ano seguinte aconsellamos intentar conseguilos prestados ou non mercar os libros ata o último momento por se o centro pode proporcionar exemplares. Para o alumnado de 2º ESO nas materias non E-Dixgal o centro tentará de arbitrar un sistema de reparto equitativo dos libros dispoñibles.
Noraboa a o equipo formado polos alumnos do ciclo superior de Informática Mynor Alexander Folgar Peláez e Jordan Garabal Fernández que foron proclamados gañadores do premio do III Concurso Científico Luis Gustavo Rodríguez Taboada no nivel D(alumnado de Formación Profesional) polo traballo "Reciclando hardware informático para uso escolar", organizado polo IES Laxeiro de Lalín.
Utilizando placas base inservibles, teclados e demáis restos de equipos informáticos deseñaron e construiron reloxos, libretas de notas, chaveiros moi orixinais e ao tempo funcionais. Magníficas ideas para alongar a vida de obxectos que doutro xeito rematarían sen máis nun vertedoiro.
ACTUALIZACIÓN DO 22 DE XULLO: O alumnado de sección bilingüe de 3º ESO que tiña adxudicado o libro de Xeografía e Historia recibirá no seu lugar o libro de música.
ACTUALIZACIÓN DO 21 DE XULLO: Xa temos o resultado do reparto propio de libros de texto para 2º ESO. A listaxe dos lotes adxudicados está dispoñible no taboleiro de anuncios do centro, xunto co resultado da adxudicación de Fondo Libros de 3º e 4º ESO.
Rematados os prazos de reclamación publicamos as listaxes definitivas de libros adxudicados na convocatoria do fondo solidario de libros de texto e de vales para adquisición de material educativo. Están publicadas no taboleiro de anuncios na entrada do centro. A normativa non nos permite a súa publicación na web do centro.
FONDO LIBROS: Lembramos que os libros do fondo solidario son solo para alumnado de 3º e 4º de ESO. Os libros asignados entregaranse en setembro co inicio do curso. Para alumnado de 1º e 2º ESO o centro procurará un sistema de reparto equitativo dos libros existentes, pero polo momento non podemos dar prazos.
VALES DE MATERIAL: A partir de mañá día 19 de xullo pódese pasar por secretaría a recoller os vales de material escolar, ata o 28 de xullo en horario de 9:15 a 13:30, e logo en setembro a partir do día 1.
Lémbrase que desde a Consellería de Educación, consideran aos medios electrónicos ferramentas válidas para que os centros educativos se comuniquen coas familias. Neste caso, se o centro opta por unha comunicación de este tipo, a comunicación obrigatoria para algúns procedementos ten que ser o sistema de información Abalar ou a aplicación AbalarMobil.
Polo tanto, solicitamos aos responsables dos alumnos (pais, nais ou titores legais) que descarguen dita aplicación nos seus teléfonos móbiles para, deste xeito, facilitar dita comunicación.
A dirección.
Están publicadas no taboleiro interior de anuncios do centro as LISTAXES PROVISIONAIS de adxudicación de Fondo Libros (3º e 4º ESO) e de axudas para a adquisición de material escolar e / ou libros de texto.
Poden consultarse en horario de 9:00 a 14:00. Non está permitido tomar imaxes das listaxes (ley de protección de datos)
As persoas que fixeron a solicitude telemáticamente poden consultar a resolución a través da aplicación Fondolibros.
Contra estas listaxes provisionais as persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguintes a publicación das mesmas.
Publicadas as novas instruccións para o uso do transporte escolar
Lembramos que o noso centro está englobado no sistema de rutas INTEGRADAS.
Se algún usuario lexítimo precisa de solicitar unha nova parada (ver condicións no documento) debe facelo antes do 8 de xullo.