Estes son os horarios oficiais de saída das nosas rutas de transporte escolar.
Os autobuses nunca deberán saír antes do horario anunciado obrigando aos estudantes a un tempo de espera esaxerado pola maña cedo ás portas do instituto. En caso de que suceda, cubran as follas de incidencia dispoñibles na web do centro no apartado de servizos-transporte escolar e envíennolas por correo electrónico.
As clases comenzarán o mércores 11 de setembro. Haberá transporte escolar no horario habitual.
As 8:45 horas o alumnado de ESO deberá estar no patio de entrada e será chamado polo seu titor /a para dirixirse á súa aula.
O alumnado de bacharelato e 1º curso de ciclo medio e superior entrará as 9:35
O alumnado de 2º curso de ciclo medio e superior comenzará con clase normal as 8:45 horas.
CORRECCIÓN DE ERROS.
A reunión informativa do martes será so para pais e nais.
O día anterior, martes 10 de Setembro, a partir das 18:00 h haberá unha serie de charlas informativas e presentación para PAIS, NAIS E TITORES LEGAIS do alumnado de 1º ESO. Ver horario completo no arquivo PDF que se adxunta.
As listaxes dos grupos serán publicadas no taboleiro do centro e na web o luns 9 de setembro.
VER PDF COA INFORMACIÓN COMPLETA
Poden consultar os libros de texto para o curso 2024-2025. En xeral non recomendamos mercar os libros antes de falar co profesorado da materia correspondente por se o departamento dispón dalgúns exemplares para prestar. No caso de mercalos, facelo únicamente coa garantía de poder devolvelos, gardando comprobantes de compra e sen desembalalos.
*NOTA 11 xullo : había un erro no libro de Historia da filosofía: non usarán libro de texto
Actualizado co ISBN do caderno de traballo de lingua castelá
O equipo de biblioteca actualizou a guía de acceso a bibliotecas dixitais. GaliciaLe ou ELBE 2 proporcionan unha morea de interesantes títulos para ler de balde estas vacacións. Non perdades esta oportunidade !
PRIMICIA MUNDIAL !
O alumnado de 1º de bacharelato coordinado pola profesora María Dolores Rodríguez Pazo presenta o seu proxecto solidario
Magariño's chefs - Cociñeiros do Magariños
Un libro de receitas propio, en galego e inglés, con cuxa venda pretenden axudar á investigación e tratamento de enfermidades raras. Tanto o alumnado como o resto de persoas que colaboraron na edición do libro o fixeron de maneira totalmente altruista.
O prezo de venda ao público será de 10€ que serán doados na súa totalidade a FEGEREX (Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas)
Esperamos que vos guste e vos decidades a axudar mercando o libro que xa está dispoñible na librería SIMBA de Negreira (a quenes agradecemos de corazón a súa colaboración) e na conserxería do instituto.
Noraboa a alumnado e profesora por esta marabillosa iniciativa e grazas a todos os que vos animedes a colaborar.
O luns 24 comeza o prazo para formalizar a matrícula do alumnado de ESO e Bacharelato para o vindeiro curso 2024-2025. O prazo oficial remata o 7 de xullo.(NOTA: Ao coincidir o 7 de xullo en domingo este ano, o prazo prolóngase ata o 8 de xullo). É moi importante que respeten no posible o seguinte calendario e horario para evitar aglomeracións e axilizar o proceso.
Se unha vez finalizado o prazo non se tivera formalizado a matrícula perderase o dereito á praza obtida.
O alumnado que vaia facer uso do transporte escolar ten toda a información necesaria sobre rutas, paradas e condicións de uso AQUÍ
DATAS PREFERENTES DE MATRÍCULA
Alumnado que vai cursar
1º ESO : (Apelidos de A-L) : 4 de xullo || (Apelidos de M-Z) : 5 de xullo
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, fotocopia DNI pai e nai, 2 fotos actuais)
2º ESO : (Apelidos de A-L ) : 2 de xullo || (Apelidos de M-Z) : 3 de xullo
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual)
3º ESO e 3º ESO PDC : 1 de xullo ( A-G de 9:30 a 11:00 / H-P de 11:00 a 12:30 / Q-Z de 12:30 a 14:00
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, resgardo do abono do seguro escolar)
4º ESO e 4º ESO PDC: 27 de xuño ( A-F de 9:30 a 11:00 / G-O de 11:00 a 12:30 / P-Z de 12:30 a 14:00
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, resgardo do abono do seguro escolar)
1º BAC : 28 de xuño ( A-G de 10:00 a 11:00 / H-R de 11:00 a 12:00 / S-Z de 12:00 a 13:00
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 2 fotos actuais, resgardo do abono do seguro escolar)
2º BAC : 26 de xuño ( A-G de 10:00 a 11:00 / H-R de 11:00 a 12:00 / S-Z de 12:00 a 13:00
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, resgardo do abono do seguro escolar)
SOBRES DE MATRÍCULA
Os sobres están dispoñibles en conserxería. Aparte do impreso de matrícula inclúen o impreso para o pago do seguro escolar, e de ser necesario, impreso de inclusión en alerta escolar
Lembramos que o alumnado a partir de 3º ESO e ata os 28 anos de idade, ten que aboar o Seguro Escolar Obrigatorio (1,12 euros)
IMPRESOS DE MATRÍCULA A EFECTOS INFORMATIVOS
1º ESO
2º ESO
3º ESO
3º ESO (PDC)
4º ESO
4º ESO (PDC)
1º BAC CCTT
1º BAC HHCCSS
2º BAC CCTT
2º BAC HHCCSS
Chegan as desexadas vacacións e o noso equipo de biblioteca chega puntual con interesantes recomendacións para que disfrutedes de bos ratos de lectura. Clica na imaxe para ver o PDF.
Outro ano máis o alumnado do IES Xulián Magariños consegue o 100% de aprobados na convocatoria ordinaria da ABAU 2024: a totalidade do alumnado presentado (24/24) recibiu a cualificación de APTO nas probas de acceso a estudos universitarios.
Un remate ideal a todo o traballo realizado durante estes anos por estes alumnos a quenes desexamos moita sorte.
Queremos darlle a noraboa a todos eles, e queremos destacar especialmente a dos alumnos, Xiana García que acada un dos mellores expedientes de toda Galicia e será galardoada nun acto que terá lugar na Coruña, e Nicolás Santiago Gómez, que quedou a unha décima escasa de estar nesa lista de excelencia académica.