Aquí tedes a relación de fotografías presentadas na edición deste ano. Un gran nivel que garante un difícil traballo por parte do xurado. Ao longo da vindeira semana publicaremos a relación dos gañadores.
TRABALLOS PRESENTADOS (PRESENTACIÓN PDF)
Comenzan as actividades do Club de lectura neste curso 2021-2022 con dúas propostas moi tentadoras centradas no mundo da banda deseñada:
Para o alumnado de 1º e 2º de ESO: Traballar a historia de Galicia a través do cómic en galego.
Para o profesorado do centro: A historia contemporánea de España no cómic en castelán.
Tedes toda a información no Blog do Club de Lectura do IES Xulián Magariños.
O alumnado de 2º de Bacharelato do noso centro da optativa de TICS (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) coordinados pola súa profesora, Leticia Riestra están a desenvolver unha páxina web para dar a coñecer referentes mulleres nas carreiras do ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) co obxectivo de fomentar este tipo de estudos entre as nenas posto que este tipo de carreiras adoitan ser realizado por un perfil máis masculino.
Este proxecto englóbase dentro do concurso internacional "WISIBILÍZALAS" organizado pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona que busca dar a coñecer gran cantidade de mulleres que rompen estereotipos, que inspiran e que traballan cada día para conseguir que o potencial femenino sexa cada vez máis visible na nosa sociedade.
Deste modo, o alumnado fará diferentes entrevistas a mulleres enxeñeiras, científicas e matemáticas para preguntalles sobre a súa experiencia personal e profesional e para pedir consello sobre como poder romper o famoso teito de cristal das mulleres.
Unha vez teñan rematadas as entrevistas, crearán unha páxina web onde mostrarán os interesantes perfís obtidos ademáis doutras actividades paralelas que tentarán de ir realizando ao mesmo tempo.
E todo isto empregando a tecnoloxía e a informática empregando software libre para o desenvolvemento da páxina web, para a realización de videochamadas online así como a gravación das mesmas... pasando polo emprego de ferramentas para a edición de vídeo, imaxe e son así como software colaborativo para a creación de documentos.
Así, poderán traballar en moitas áreas dun xeito completamente práctico seguindo o paradigma do traballo basado en Proxectos e co claro obxectivo de conseguir dar a coñecer todas estas mulleres que desenvolven unha grande labor para a sociedade pero que permanecen ocultas.
O 7 de decembro non será lectivo no IES Xulián Magariños por ser o día concedido pola Consellería de Educación en sustitución do festivo local que coincide fora do calendario escolar.
Ampliamos o prazo de participación ata o 14 de novembro!!
Convocamos o III CONCURSO fotográfico IES XULIÁN MAGARIÑOS, e este ano a temática é a fotografía MATEMÁTICA. E este ano os premios serán aínda mellores!
E quén pode participar? Pois todo o alumnado do centro.
Así que xa sabedes, ide atopando motivos matemáticos na vosa contorna.
Hoxe procedeuse ao reparto dos portátiles Edixgal a todo o allumnado de 1º ESO
INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS (FOLLETO INFORMATIVO CURSO 2021-22)
SOPORTE PREMIUM
O proxecto E-Dixgal conta cun equipo de soporte específico (Soporte Premium) que canalizará todas as incidencias relativas a centros, familias e profesorado.
As canles de contacto que dispoñen os usuarios son as seguintes:
- Email: soporte.premium@edu.xunta.es
- Teléfono: 881 86 90 00
- WhatsApp: 604 06 78 56
- Telegram: @Serciciopremiumedixgal
SEGURO DANOS ORDENADOR (VER MANUAL DO SEGURO)
As familias que así o desexen poden contratar de xeito voluntario un seguro anual (válido desde setembro de 2021 ata agosto de 2022), que permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na garantía.
O custe anual do devandito seguro é de 49 € (I.V.E. incluído), e a súa contratación pode realizarse a través do número de teléfono 881 505 136. Tamén poden contactar no correo electrónico coberturasir@plexus.es, ou rexistrarse na web coberturasir.plexus.es , cubrir o formulario e as fotos e facer o abono por transferencia na conta indicada.
O seguro cubre os seguintes danos:
• Rotura de calquera compoñente do equipo (pantalla, carcasa, teclas, bisagras,conector de alimentación, outros conectores...).
• Rotura do cargador de alimentación.
O seguro NON cubre os seguintes danos:
• Roubo, hurto, extravío ou pérdida, tanto do portátil, como do cargador de alimentación, ou do lapis.
• Rotura do lapis, ou da punta deste.
Formulario de solicitude de novas paradas. VER ARQUIVO PDF
Estimadas familias. O libro de castelán que aparece na folla de libros adxudicados ao alumnado de 2º ESO será proporcionado directamente polo departamento de Lingua Castelá en próximas datas.
Hoxe publicamos a adxudicación definitiva do Fondo solidario de libros de texto. Poden consultar os libros que lle foron adxudicados a través de internet, coma sempre, na aplicación FONDO LIBROS, se dispoñen de certificado dixital ou chave 365. Usen esta opción preferentemente.
No caso de que non podan facelo de xeito telemático (o que recomendamos) as listaxes estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios interior do centro. NON se poden tirar fotografías das listaxes, por normativa de protección de datos, e só pode estar unha persoa no interior do centro. Eviten as aglomeracións e permanezan no exterior do recinto mentres haxa alguén consultando as listaxes.
NOTA: As listaxes de libros son para alumnado de 2º, 3º e 4º ESO. O alumnado de 1º ESO está incluido no Proxecto EDIXGAL. O alumnado de 1º ESO que teña dereito a vale de material escolar recibirá a maiores os libros de texto das materias de Matemáticas, Inglés e Xeografía e Historia, materias non incluídas no proxecto Edixgal. De haber libros sobrantes procederase ao seu sorteo.
Unha vez rematada a matrícula informámosvos que o centro disporía de libros de texto suficientes para prestar ao alumnado dos seguintes cursos e materias, independentemente de que se solicitara o fondo solidario de libros ou non.
MATERIAS DAS QUE DISPOMOS DE LIBROS SUFICIENTES PARA PRESTAR A TODO O ALUMNADO MATRICULADO
3º ESO : Matemáticas aplicadas
4º ESO: Matemáticas aplicadas, Lingua Castelá, Lingua galega, Relixión, Francés 2ª lingua e Xeografía e Historia (lembramos que o alumnado de sección bilingüe non precisa de libro de texto).
As cifras de matriculados poderían variar lixeiramente estes últimos días, pero recomendamos non apresurarse na adquisición dos libros de texto ata que se faga o reparto do fondo solidario de libros.