Eventos
Tradicionalmente o 19 de abril celébrase o Día da bicicleta. Con ese motivo onte organizamos unha xornada arredor deste estupendo medio de transporte, co obxectivo de animar a nosa comunidade educativa a usar máis a bici. Máis liberdade, menos fumes, máis saúde, máis espazo, máis tempo libre...
Primeiro tivemos unha serie de charlas técnicas sobre mantemento e ergonomía da bicicleta e seguridade vial, e tamén puidemos coñecer as testemuñas de alumnos e profesores usuarios habituais de bicicleta. E despois saímos á rúa a por en práctica o aprendido. Fumos arredor de 50 persoas entre alumnos e profesores que collimos a bici e pedaleamos por Negreira adiante.
Queremos agradecer a axuda e inspiración da profesora de educación Física Nuria Castelao , a colaboración desinteresada de Manuel Rioseco, de Bicicletas Rioseco/ , do Concello de Negreira (en especial do departamento de cultura e deportes), da Policía Local e de Protección Civil sen os cales non poderíamos ter organizado unha actividade tan proveitosa.
Animar a todos a usar máis a bici e menos o coche, lembrar aos que sexades condutores de vehículos a motor que respetedes aos ciclistas, que son a parte máis débil na estrada, e ás autoridades que poden e deben facer máis a prol do uso da bicicleta e outros medios de transporte non contaminantes ( ralentizar tráfico, crear carrís e rutas específicas, bonificar o uso destes medios de transporte, etc...
Quedámonos cun bo sabor de boca e de seguro que repetiremos para o ano que ven.
AUTORIZACIÓN PARA A SAÍDA EN BICI (entregar asinada antes do 12 de abril)
RESULTADOS DAS ENQUISAS
A semana do 24 ao 28 de abril terá lugar no centro a semana da orientación, con diversas actividades para alumnado e familias sobre orientación académica e vocacional.
Podedes ver o programa detallado no arquivo PDF adxunto. (DESCARGAR PROGRAMA SEMANA ORIENTACIÓN)
Trípticos informativos por materias en formato PDF para descargar
- Optativas do Dpto. de Xeografía e historia
- Francés segunda lingua
- Física / Química de bacharelato
- 3 ESO Cultura e lingua portuguesa
- 4 ESO Dixitalización // Economía // FOL // Música // Tecnoloxía
- 1 BAC Lit. galega do sec. XX // Literatura Universal // Música
- 2 BAC Empresa e modelo de negocio // TIC II // Música
A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de bacharelato 2022-2023. VER PDF RESUMO DA CONVOCATORIA
O xoves 4 de maio tivo lugar a Feira das Profesións 2023 organizada conxuntamente polos departamentos de orientación do IES Xulián Magariños, do IES de Ames e do IES de Brión. Contou coa presenza dun importante número de expositores entre os que contamos con universidades, CIFP, IES, CFEA, etc., así como con profesionais individuais de diferentes campos que achegaron ao alumnado o día a día das súas respectivas ocupacións.
O evento tivo lugar na Sala de Usos Multiples do IES de Ames e o horario é o seguinte:
De 10 a 14 horas asistencia do alumnado dos tres centros educativos.
De 16 a 18:30: Xornada de Portas Abertas para todo o alumnado e familias dos centros da contorna que quixeron asistir.
Ás 18:30 acto de clausura.
Repercusión nos medios de comunicación
SESIÓNS DE AVALIACIÓN: martes 16 de maio pola tarde
PUBLICACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS: martes 16 de maio as 21:00h por AbalarMóbil
REVISIÓN DE EXAMES : xoves 18 de maio de 10:00 a 14:00h
En caso de desacordo con algunha cualificación é necesario falar co profesor/a da materia . Unha vez recibidas as aclaracións e de persistir o desacordo pódese presentar escrito de reclamación en secretaría segundo o modelo e prazos seguintes
RECLAMACIÓNS AS CUALIFICACIÓNS DE 2º BAC: 18 e 19 maio ata as 14:00h
COMUNICACIÓN DA RESOLUCIÓN DAS RECLAMACIÓNS AOS INTERESADOS : 22 de maio
MATRÍCULA ORDINARIA ABAU : 18 a 19 de maio
DÍAS DAS PROBAS ABAU: 6,7 e 8 de xuño
O alumnado interesado en presentarse aos premios extraordinarios de bacharelato (prazo de solicitude ata o 25 de maio) ten toda a información aquí.
-----------------------------------------------------
Modelo de reclamación as cualificacións finais de 2º BAC
Normativa do procedemento.
Convocatoria das becas de Estudo do Ministerio de Educación para o curso 2023-2024
Son para cursar estudos postobrigatorios, tanto universitarios como NON Universitarios, que comprenden
1. Ensinanzas postobligatorias non universitarias do sistema educativo español e con validez en todo o territorio nacional:
- a) Primeiro e segundo cursos de bacharelato.
- b) Formación Profesional de grao medio e de grao superior, incluidos os estudios de formación profesional realizados en centros docentes militares.
- c) Ensinanzas artísticas profesionales.
- d) Ensinanzas deportivas.
- e) Ensinanzas artísticas superiores.
- f) Estudos relixiosos superiores.
- g) Estudios de idiomas realizados en escuelas oficiales de titularidade das administracions educativas, incluida a modalidade a distancia.
- h) Cursos de acceso y cursos de preparación para las pruebas de acceso a la formación profesional y cursos de formación específicos para el acceso a los ciclos formativos de grado medio y de grado superior impartidos en centros públicos y en centros privados concertados que tengan autorizadas enseñanzas de formación profesional.
- i) Ciclos Formativos de Grao Básico
2. Enseñanzas universitarias del sistema universitario español cursadas en centros españoles y con validez en todo el territorio nacional:
- a) Enseñanzas universitarias conducentes a títulos oficiales de grado y de máster, incluidos los estudios de grado y máster cursados en los centros universitarios de la defensa y de la guardia civil.
- b) Curso de preparación para acceso a la universidad de mayores de 25 años impartido por universidades públicas.
- c) Complementos de formación para acceso u obtención del título de máster y créditos complementarios para la obtención del título de grado. No se incluyen en esta convocatoria las becas para la realización de estudios correspondientes al tercer ciclo o doctorado, estudios de especialización ni títulos propios de las universidades.
PRAZO : O prazo para presentar a solicitude de beca tanto para estudios universitarios como non universitarios extenderase dende o día 27 de marzo de 2023 ata o 17 de maio de 2023, as 24:00h, hora peninsular, ambos inclusive.
PORTAL DE BECAS DO MINISTERIO CON TODA A INFORMACIÓN