DÍA DA BICI NO IES XULIÁN MAGARIÑOS
Tradicionalmente o 19 de abril celébrase o Día da bicicleta. Con ese motivo onte organizamos unha xornada arredor deste estupendo medio de transporte, co obxectivo de animar a nosa comunidade educativa a usar máis a bici. Máis liberdade, menos fumes, máis saúde, máis espazo, máis tempo libre...
Primeiro tivemos unha serie de charlas técnicas sobre mantemento e ergonomía da bicicleta e seguridade vial, e tamén puidemos coñecer as testemuñas de alumnos e profesores usuarios habituais de bicicleta. E despois saímos á rúa a por en práctica o aprendido. Fumos arredor de 50 persoas entre alumnos e profesores que collimos a bici e pedaleamos por Negreira adiante.
Queremos agradecer a axuda e inspiración da profesora de educación Física Nuria Castelao , a colaboración desinteresada de Manuel Rioseco, de Bicicletas Rioseco/ , do Concello de Negreira (en especial do departamento de cultura e deportes), da Policía Local e de Protección Civil sen os cales non poderíamos ter organizado unha actividade tan proveitosa.
Animar a todos a usar máis a bici e menos o coche, lembrar aos que sexades condutores de vehículos a motor que respetedes aos ciclistas, que son a parte máis débil na estrada, e ás autoridades que poden e deben facer máis a prol do uso da bicicleta e outros medios de transporte non contaminantes ( ralentizar tráfico, crear carrís e rutas específicas, bonificar o uso destes medios de transporte, etc...
Quedámonos cun bo sabor de boca e de seguro que repetiremos para o ano que ven.
AUTORIZACIÓN PARA A SAÍDA EN BICI (entregar asinada antes do 12 de abril)
RESULTADOS DAS ENQUISAS
Adxunto | Tamaño |
---|---|
dia da bici.pdf | 238.95 KB |
Captura de pantalla 2023-03-30 130828.png | 496.42 KB |
Autorización día da bicicleta-2.pdf | 118.06 KB |
Cuestionario de uso da bicicleta (familias)-1.pdf | 183.2 KB |
Cuestionario de uso da bicicleta (alumnos)-1.pdf | 216.02 KB |
1681894828348.jpg | 41.73 KB |
1681894828222.jpg | 54.02 KB |