Eventos
Mér | ||
---|---|---|
CAMPAÑA DE ALIMENTOS: MARTES SOLIDARIOS Queridas familias: O alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo formativo de formación profesional básica en Servizos Comerciais vén de preparar e organizar a conmemoración do 20 de Novembro, Día Universal da Infancia, para concienciar a Comunidade Educativa de que é un día para chamar a atención sobre a situación das nenas e nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento. E por isto aproveitamos o momento actual que estamos a vivir para pór en marcha a Campaña de Recollida de Alimentos da Infancia-Negreira 2020. Debido ás medidas hixiénicas-sanitarias, a Campaña de Alimentos vaise facer baixo o formato de “Martes Solidarios”, de tal xeito que unicamente serán os MARTES os días habilitados para traer os alimentos e produtos de primeira necesidade, comezando o 24 de Novembro e rematando o 15 de Decembro. Dentro dos alimentos e produtos de primeira necesidade infantís que máis escasean e teñen unha grande demanda son leite, potitos, galletas, cereais, cueiros, toallitas, xabón, … Agradecervos de antemán a vosa axuda e colaboración. MOITÍSIMAS GRAZAS.
|