Eventos
Informamos que todo o alumnado que solicitou admisión neste centro resultou admitido
As clases rematarán o día 19 de xuño.
O día 22 e 23 terán lugar as sesións de avaliación e o día 23 pola tarde recibirán as cualificacións no seu teléfono móbil por medio da aplicación Abalar Mobil
Aproveitando que estamos en situación de nova normalidade consideramos conveniente que os compañeiros de clase e os titores poidan reunirse de novo e despedirse. Polo tanto o día xoves 25 de xuño terá lugar a entrega física dos boletíns de notas e consellos orientadores por parte dos titores/as de acordo co horario da táboa que se adxunta. Ese mesmo día o alumnado que tivera libros de texto prestados polo instituto (libros do Fondo Solidario de libros ou outros de departamentos) procederá a súa devolución. (Lembramos que a correcta devolución dos libros prestados este ano é condición indispensable para poder participar no fondo solidario de libros do vindeiro curso).
O prazo de presentación de reclamacións ás cualificacións será os días 25 e 26 de xuño.
HORA E LUGAR PARA PROCEDER Á ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS E DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO FONDO LIBROS. XOVES 25 DE XUÑO
O alumnado de cada grupo chegará puntualmente, desinfectará as mans e esperará fora con mascarilla e gardando a distancia de seguridade. A hora prevista se dirixirá ao salón de actos ou ximnasio segundo lle corresponda levando os libros de texto. A saída será polo pasillo de ciclos e parking traseiro.
DATAS DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
O alumnado e familias deberán formalizar a matrícula para o vindeiro curso 20-21 segundo o seguinte calendario (horario de atención ao público 10:00-13:45)
Alumnado que vaia cursar
1º ESO (Apelido da A á L) : 22 de xuño (Apelido da M á Z) : 23 de xuño
(documentación a aportar: fotocopia DNI alumno , fotocopia DNI pai e nai, 2 foto actuais, 5 selos de tarifa A)
2º ESO (Apelido da A á L) : 26 de xuño (Apelido da M á Z) : 29 de xuño
(documentación a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, 5 selos de tarifa A)
3º ESO (Apelido da A á L) : 30 de xuño (Apelido da M á Z) : 1 de xullo
(documentación a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, 5 selos de tarifa A, resgardo abono seguro escolar)
4º ESO (Apelido da A á L) : 3 de xullo (Apelido da M á Z) : 6 de xullo
(documentación a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, 5 selos de tarifa A, resgardo abono seguro escolar)
1º BAC (Apelido da A á L) : 7 de xullo (Apelido da M á Z) : 8 de xullo
(documentación a aportar: fotocopia DNI alumno, 2 foto actuais, 5 selos de tarifa A, resgardo abono seguro escolar)
2º BAC : 9 de xullo
(documentación a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actuail, 5 selos de tarifa A, resgardo abono seguro escolar)
Lembramos que o día 10 de xullo é festivo en Negreira, polo que a data límite de confirmación de matrícula pasa a ser o luns 13 de xullo.
O día de recollida de cualificacións (25 de xuño) o alumnado que aprobe todas as materias en xuño recibirá os sobres de matrícula dos seus titores con todos os impresos para cumplimentar.
A partir de 3º ESO hai que aboar o Seguro Escolar obrigatorio.
IMPRESOS DE MATRÍCULA
(Publícanse a modo informativo. O SOBRE DE MATRÍCULA FACILITARASE NO CENTRO. O alumnado que entra en 1º de ESO ten dispoñible tamén o sobre de matrícula no CEIP O Coto)
4º ESO (Ensinanzas académicas)
O alumnado dos ciclos medio e superior que pasa para 2º curso ou repite 2º curso formalizará a súa matrícula de xeito presencial no centro o día 2 de xullo, de 10:00 a 13:30 da mañá.
Documentación a presentar:
- Fotocopia do DNI
- Resgardo do pago de seguro escolar
- Impresos cubertos
En caso de non poder acudir ese día lembre que o prazo de matrícula remata o día 8 de xullo as 13:00
NOTA: O alumnado que desexe matricularse en 1º ou repita ese curso debe seguir os pasos do proceso de admisión. O prazo será do 25 de xuño ata o 8 de xullo ata as 13:00 horas. (IR Á PÁXINA DA CONSELLERÍA).
O alumnado de ciclos recibirá as cualificacións mediante a aplicación Abalar. No caso de que non poidan acceder a elas por esta vía poden recollelas presencialmente no centro o día 25 xoves no seguinte horario:
1º ASIR: Salón de actos 13:00 horas
2º ASIR: Ximnasio pequeno 13:15 horas
1º SMR: Salón de actos 13:30 horas
2º SMR: Ximnasio pequeno 13:45 horas
Informamos que a devolución dos cartos das viaxes anuladas a Ancares, Cantabria e Londres farase nos días previstos de matrícula dese alumnado (Londres 3 e 6 de xullo, Cantabria 7 e 8 de xullo, Ancares 9 de xullo).
Se algunha familia non puidera pasar a recollelos nesas datas, por favor contacten co centro para solicitar cita previa.
Con bastante esforzo, pero con moita satisfacción, presentamos o exemplar nº 6 da nosa Revista. É un número moi especial que sempre nos lembrará os difíciles momentos da pandemia.
Que o disfrutedes.
CONSULTAR EN CALAMEO (Formato de lectura cómoda)
<
Consulte aquí as rutas e paradas do transporte escolar durante o curso 2019-2020.
TÁBOA DE RUTAS E PARADAS 2019-2020
Poden consultar tamén as instruccións para o curso 2020-2021 sobre Transporte escolar, en concreto sobre petición de novas paradas ou do servizo para usuarios non lexítimos
INSTRUCCIÓNS TRANSPORTE ESCOLAR 20-21
Resulta importante sinalar que o alumnado de ensinanzas non obrigatorias (bacharelato, ciclos medio e superior) que sexa autorizado a usar o servizo de transporte escolar nos vehículos contratados pola consellería farao de forma absolutamente gratuita.
Lembren tamén que no caso de solicitar modificación dos itinerarios ou novas paradas (só pode solicitalas o alumnado de ESO e FPB usuario lexítimo do servizo de transporte) con carácter xeral non se autorizarán desviacións ou novas paradas por distancias inferiores a 2 km, nin fóra da zona de influencia do centro.
Fanse públicas as listaxes provisionais de admitidos e excluidos do Fondo Solidario de libros de texto. Para consultalas recomendamos facelo telemáticamente usando a aplicación Fondolibros. De non poder acceder, poden pasar polo centro a consultalas en conserxería.
O prazo de presentación de reclamacións fronte a esta listaxe provisional remata o día 15 de xullo.
As listaxes definitivas publicaranse en setembro tras a realización das probas extraordinarias e a matriculación dos alumnos restantes (data prevista 14 de setembro).
Aqueles alumnos que reciben 6 libros teñen concedida tamén a axuda de 50€ para adquisición de material didáctico. Se dispoñen de chave 365 ou certificado dixital poderase consultar en intenet a listaxe de adxudicación de libros e axudas de material, na aplicación Fondolibros. Senón sempre poden consultala na conserxería do centro.
A listaxe de libros concretos que lle corresponden a cada alumno coñecerase en setembro cando se devolvan todos os libros prestados durante o verán e estea rematada a matrícula de setembro. En calquera caso, se xa dispoñen de algúns libros de texto poden deixar aviso na conserxería do centro e no reparto de setembro pocurarase telo en conta, pero advertimos que pola dificultade do proceso NON podemos garantir que se lle adxudiquen libros diferentes aos que xa teñen.
A partir de mañá o alumnado a quen lle fose concedida a axuda de material didáctico poderá pasar polo centro a recoller os vales ata o 31 de xullo o durante os primeiros días de setembro.
Publícase o calendario de exames correspondentes á convocatoria extraordinaria de setembro que terán lugar o día 1 e 2 de setembro
Consultar calendario exames setembro (arquivo PDF)
IMPORTANTE: O alumnado que levara libros do fondo solidario de libros de texto para preparar as materias durante o verán procederá a devolución dos mesmos os días 1 e 2 de setembro en conserxería, coincidindo coa asistencia aos exames das materias pendentes.
O ALUMNADO FORMALIZARÁ A SÚA MATRÍCULA OS SEGUINTES DÍAS
- Alumnado que vai cursar
- 1º ESO - Venres 4 de setembro
- 2º ESO - Venres 4 de setembro
- 3º ESO - Venres 4 de setembro
- 4º ESO - Luns 7 de setembro
- 1º BAC - Luns 7 de setembro
- 2º BAC - Luns 7 de setembro