INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS SOBRE O FINAL DE CURSO
As clases rematarán o día 19 de xuño.
O día 22 e 23 terán lugar as sesións de avaliación e o día 23 pola tarde recibirán as cualificacións no seu teléfono móbil por medio da aplicación Abalar Mobil
Aproveitando que estamos en situación de nova normalidade consideramos conveniente que os compañeiros de clase e os titores poidan reunirse de novo e despedirse. Polo tanto o día xoves 25 de xuño terá lugar a entrega física dos boletíns de notas e consellos orientadores por parte dos titores/as de acordo co horario da táboa que se adxunta. Ese mesmo día o alumnado que tivera libros de texto prestados polo instituto (libros do Fondo Solidario de libros ou outros de departamentos) procederá a súa devolución. (Lembramos que a correcta devolución dos libros prestados este ano é condición indispensable para poder participar no fondo solidario de libros do vindeiro curso).
O prazo de presentación de reclamacións ás cualificacións será os días 25 e 26 de xuño.
HORA E LUGAR PARA PROCEDER Á ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS E DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO FONDO LIBROS. XOVES 25 DE XUÑO
O alumnado de cada grupo chegará puntualmente, desinfectará as mans e esperará fora con mascarilla e gardando a distancia de seguridade. A hora prevista se dirixirá ao salón de actos ou ximnasio segundo lle corresponda levando os libros de texto. A saída será polo pasillo de ciclos e parking traseiro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
horareclibros.jpg | 55.29 KB |
Instrucions final de curso.pdf | 88.79 KB |