Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
4
| 5
| 6
all day
Inauguramos a nova "sala de exposicións" do IES XULIÁN MAGARIÑOS, situada na cafetería, cunha mostra sobre deseño contemporáneo e industrial. Na materia de "Deseño e impresión 3D" fixeron reproducións a pequena escala dalgunha das obras mestras da historia do deseño mostradas na exposición. Esta exposición permanecerá durante o mes de febreiro. A idea e que haxa unha mostra nova cada mes, coordinada dende diferentes departamentos. Queremos agradecer moi especialmente a colaboración da Asociación de Nais e Pais (ANPA) "A Barcalesa" que nos axudou financiando a instalación do sistema expositivo. Estades invitados a visitala e esperamos que vos guste. | 7
all day
ATENTOS!. Se vos gusta o periodismo, a investigación e a televisión comprometida coa sociedade. As entidades AGARESO (asociación galega de reporteiros solidarios) e Asamblea de Cooperación pola paz desenvolverán un obradoiro de televisión gratuíto para alumnado e profesorado do centro. Dito obradoiro desenvolverase os xoves 7, 14, 21, 28 de febreiro e 7 e 14 de marzo, de 16 a 18 horas dentro do proxecto "Escolas sen racismo, escolas para a paz e o desenvolvemento" do que o noso centro forma parte. Nas distintas sesións abordarase a parte técnica do proceso audiovisual (cámara, micrófono, iluminación) e tamén a parte dos contidos, partindo da importancia de traballar un bo guión e a variedade de formatos que se poden utilizar, sempre baixo o enfoque da comunicación para o cambio social (temáticas de xénero, medio ambiente, dereitos humanos, etc.) e intentando que o obradoiro sexa unha ferramenta de transformación social para o IES Xulián Magariños e para Negreira. O alumnado interesado ten dispoñible como adxunto un modelo de autorización que deberá estar asinado polo pai/nai/titor legal no caso de que sexa menor de idade e ser entregado a Orientación ou en Vicedirección.
| 8
| 9
| 10
|