Eventos
Achégase a relación definitiva do alumnado admitido no fondo solidario de libros cos libros que serán obxecto de reparto. Os libros serán repartidos a partir da semana que ven.
NOTA: Algún dos libros reseñados e adxudicados aínda non figura nas existencias do centro pero procederemos á súa adquisición nos proximos días.
A biblioteca do IES Xulián Magariños está situada na planta baixa do edificio principal, a esquerda, a carón da sala de profesorado. Dispón dunha superficie de aprox. 100 m2, e conta con 10 mesas de lectura, 4 ordenadores conectados a internet para consulta e investigación.
O servizo de préstamo funciona durante os recreos dos días lectivos.
Dende hai mais de 10 anos está integrada dentro do Plan de Mellora de bibliotecas Escolares de Galicia, co que o centro se compromete a investir un porcentaxe de alomenos o 5% do presuposto total para a dotación da biblioteca.
NORMAS BÁSICAS: O préstamo domiciliaro é posible para alumnado do centro, por un período de 2 semanas , renovables (se non hai lista de espera para o fondo solicitado)
FONDOS: A biblioteca dispón dun fondo catalogado de máis de 17000 obxectos bibliográficos e videográficos, incluíndo libros, revistas periódicas, vídeos documentais e películas. O fondo pode consultarse en liña.
IMAXES
Na resolución da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 18/19 a nosa figura entre as seleccionadas, e recibirá unha dotación adicional de 1400€ destinados a apoiar o proceso de transformación da biblioteca en centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe e favorecer actividades de fomento da lectura.
Parabéns a todo o equipo de biblioteca!
Informamos que o Instituto dispón de libros suficientes para garantir o préstamo a todo o alumnado matriculado en:
1º ESO Inglés
2º ESO Inglés
3º ESO Lingua Castelá, Lingua galega, Bioloxía e Xeoloxía
polo que para estas materias non sería necesario adquirir os libros por parte das familias.
O departamento de Informática, en colaboración coa Asociación GHANDALF organiza 2 charlas divulgativas sobre software libre o vindeiro martes 2 de outubro. A primeira, dirixida a alumnado de 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato de perfil técnico terá lugar as 13:35 no salón de actos. Pola tarde terá lugar a segunda charla, para alumnado de ciclo medio e superior de Informática, de 16:20 a 18:00 horas.
Hoxe "estrenamos" cafetería. Nova pintura, decoración e mobiliario. E próximamente espazo de exposicións temporais. Que vos parece?
Acto de inauguración do curso 20198-2019 coa presentación do IX premio de investigación científica e conferencia de Dna. Pilar Bermejo, decana da facultade de Química da USC titulada "metales y vida". Interesantísimo descubrir como dependendo da concentración e enlace químico, determinados metais e semimetais (Arsénico, selenio, mercurio etc. poden ser elementos esenciais para a vida ou presentar elevada toxicidade).
Hoxe, durante o acto de inauguración do curso 18/19, presentouse o IX Premio de investigación do IES Xulián Magariños, este ano amadrinado por Dna. Pilar Bermejo Barrera, decana da facultade de Química da USC.
Este premio, dotado con 300 €, está destinado a alumnado do IES Xulián Magariños que estea cursando 4º ESO, Bacharelato ou ciclos formativos medio e superior. O prazo de entrega dos traballos rematará o 1 de maio de 2019.
Podedes consultar as bases no seguinte enlace.
Hoxe no auditorio de Negreira o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO e FPB puido disfrutar dunha divertidísima representación teatral a cargo do grupo de teatro Cabareteiros, da escola de teatro municipal de Negreira. "Selfie a go go", dirixida por Sandra Lesta, unha intelixente parodia sobre a evolución do xeito de comunicarnos en familia e entre amigos. Grazas por colaborar con nós de xeito desinteresado e moito éxito coas vosas montaxes teatrais.
Hoxe as 21:30 na casa de cultura terá lugar a asamblea xeral da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Instituto (ANPA A Barcalesa" no que a directora do noso centro intervirá para comentar as novidades deste curso e resolver dúbidas. Vos animamos a asistir.