A Biblioteca do IES Xulián Magariños recibe unha dotación adicional de 1400€
20/09/2018
Na resolución da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 18/19 a nosa figura entre as seleccionadas, e recibirá unha dotación adicional de 1400€ destinados a apoiar o proceso de transformación da biblioteca en centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe e favorecer actividades de fomento da lectura.
Parabéns a todo o equipo de biblioteca!