Eventos - Filtro:
Xov | ||
---|---|---|
Data24/05/2018 15:59
Os equipos de producción e o plató de XeMa.TV, a nosa canle de televisión escolar, están que non paran. Na ligazón de XeMa.TV que tedes no menú superior desta páxina teredes acceso a programas tan interesantes como:
Non volo perdades!
MÁIS PREMIOS PARA O ALUMNADO DO IES XULIÁN MAGARIÑOS: Premios de pintura ¨Negreira en cor¨ do concello de Negreira na categoría de 13 a 18 anos:
Os premios consistiron nun vale en metálico de 200, 100 e 50 euros, respectivamente, e en cuxa entrega participaron o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, e maila concelleira de Educación, María Jesús Veiga Hortas. PARABÉNS UNHA VEZ MÁIS!!! Data24/05/2018 20:00
O xoves, día 24 de maio, celebramos un emotivo acto de graduación (1ª vez que o facemos), para despedir ao noso alumnado de 2º BACH. Tivo lugar no salón de actos (que encheuse completamente) estando invitadas as familias e todo o profesorado. Fixo a presentación o director do centro, Adelino José Pose Reino, a continuación a titora, María Rey Rey e a xefa de estudos, María Branco Crespo tomaron a palabra en nome do profesorado e para finalizar interviñeron Fátima Fathallah Ezzine e José Caamaño Noya que deron a réplica por parte do alumnado. Como presentadora a vicedirectora, Clara Rodríguez Núñez e tamén estivo na mesa de presidencia o titor Paulo Rendo Martínez. No trancurso do acto fíxose entrega de diplomas ao alumnado e proxectouse un vídeo sobre a súa estancia no instituto. A destacar as fermosas actuacións musicais de Lara López Súarez acompañada na guitarra por Samuel Lema Capeáns e a de Jonathan Blanco Vieites coa que finalizou o acto. Moita sorte na vosa nova etapa. Próximamente teredes á vosa disposición as fotos do acto e tamén o vídeo en XeMa.TV.
|