Skip to Content

Musiqueando 2023

O día 27 de abril, o IES Campo de San Alberto e o IES Virxe do Mar xuntáronse para realizar a actividade reivindicativa "Musiqueando 2023". Trátase dunha actividade na que se uniron o IES Campo de San Alberto e o IES Virxe do Mar. Grazas a todos, participantes e asistentes.

Programa Catro Climas: intercambio en Cantabria

O día 1 de abril os 9 alumnos e alumnas participantes no programa CATRO CLIMAS partiron para Laredo (Cantabria), acompañados polo profesor Francisco Sóñora. Ata o día 5 desenvolverán un intenso programa de traballo e intercambio de experiencias co alumnado dos outros centros participantes neste programa.

Intercambio co Lycée Gambetta (Tourcoing, Francia)

 

Entre o 4 e o 8 de febreiro recibimos en Noia a 23 alumnos e alumnas franceses acompañados por tres profesores. Desenvolveron un intenso programa de actividades culturais, académicas e lúdicas. Foi moi emocionante telos entre nós. En maio serán os noso alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de Bacharelato os/as que visiten Tourcoing.

Felicitamos a Malva Abuín e Claudia Martínez

Noraboa ás nosas alumnas de 4º ESO por ter conseguido unha beca para estudar en EEUU e Canadá o próximo curso. Desexamos que a experiencia sexa moi grata e proveitosa. Botarémosvos de menos. Moita sorte.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut