Nos ordenadores das aulas de Bacharelato e aulas de informática engadíronse dous iconos para cambiar facilmente o modo de proxección. Hai dúas opcións:
- Clonar: O contido do monitor do profesor/a reprodúcese no encerado dixital ou monitor interactivo, para toda a clase
- Estender: Créase un novo espazo de escritorio ao que podemos arrastrar o que queiramos proxectar para a clase. Deste xeito podemos ter información diferente no monitor do profesor/a e no dispositivo de proxección.
Para escoller o modo de proxección desexado abonda con facer dobre clic sobre o icono correspondente.