Skip to Content

Blogue de admin

Horarios exames convocatoria extraordinaria 2º bach

 
Horarios exames convocatoria extraordinaria 2º bach-2023/2024
HORA Luns 10 de xuño Martes 11 de xuño Mércores 12 de xuño

1ªh e 2ªh

(8:45h – 10:25h)

Inglés II Historia da Filosofía Historia de España

3ªh e 4ªh

(10:45h – 12:25h)

Química

Historia da Arte

Matemáticas II

MACSII

Latín II

Lingua galega

e literatura II

5ªh e 6ªh

(12:45h – 14:25h)

Bioloxía

Xeografía

Lingua castelá

e literatura II

Lingua galega

e literatura I

7ªh e 8ªh

(16:20h – 18:00h)

Matemátcas I

MACS I

Inglés I

Latín I

   

NOTA: As materias marcadas en cor son as pendentes de 1º Bacharelato.

 

Axudas para adquirir material escolar

https://encrypted-tbn0.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcSbThBoqvJNZ4jI0gXRMFD_Zo2lWW9hOo49EA&s

A ORDE do 7 e maio de 2024 regula e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria oblligatoria e educación especial en centros docentes sotidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025.

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día 21 de maio e rematará o día 21 de xuño de 2024 ambolosdous incluidos.

Fai clic aquí para ver a páxina principal "fondodelibros"

Fai clic aquí para ver a orde

Fai clic aquí para ver o manual de usuario para solicitantes

Se desexan mais información poden solicitala na secretaría do centro.

As Letras Galegas no IES Virxe do Mar

O Día das Letras Galegas deste 2024 está adicado a Luísa Villalta.

O Equipo da Biblioteca organizou unha pequena exposición coas obras da autora homeaxeada e o Departamento de Lingua Galega, coa colaboración do alumnado de 2º de Bacharelato, confeccionou un tríptico, que podedes descargar.

 

Deseños conmemorativos do día das Letras Galegas

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado a Luísa Villalta, fixéronse algúns deseños conmemorativos con algunhas das máquinas do Polo Creativo: impresión 3D, corte láser e plóter de corte. Lembrade que tedes á vosa disposición as instalacións do Polo para materializar as vosas ideas.

Aula nas ondas: entrevista a Concha Sabucedo

O pasado mércores 24 de abril o noso centro participou nunha nova edición do programa "Aula nas ondas" de Radio Líder Noia.

Os alumnos Alejandro Pedreira, Pablo Villar e Rubén Lago, de 3º ESO, xunto coa súa profesora de Proxecto Competencial, Elena Martínez, entrevistaron a Concha Sabucedo, docente de Xeografía e Historia do noso centro e recentemente xubilada.

Picade na imaxe e poderedes escoitar a entrevista.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut