Skip to Content

Blogue de admin

Calendario matrícula curso 2024-2025

No arquivo adxunto vai o horario de matrícula para o curso 2024/2025.
Sobre como efectuar a mesma, lembrarlles que:

  • Os sobres de matrícula poden recollerse na conserxería do centro.
  • No sobre inclúese información específica ca documentación que hai que entregar cando se efectúe a matrícula.
  • O alumnado de 1º e 2º da ESO non paga o seguro escolar.

HORARIO DE MATRÍCULA ( facer clic para ver)

Competición de robots

Un ano máis, a competición de robots do alumnado de Tecnoloxía de 2º ESO foi todo un éxito. Durante as últimas semanas do curso, rapaces e rapazas de guiados polo profesor Emilio Regueira traballaron moito no chasis, mecánica, sistemas eléctricos e decoración do robot para chegar a tempo ao día de hoxe. Moitos parabéns a profe e alumnado polo resultado!

 Pincha na imaxe para ver máis fotos.

Materias optativas do departamento

Nesta entrada podedes consultar as presentacións dalgunhas das materias optativas que ofertamos no departamento de Tecnoloxía. Antes de facer a matrícula, cómpre estar ben informado. E se tedes calquera dúbida, non teñades o menor reparo en preguntarlle a Miriam, Emilio ou Felipe.

Pista de adestramento de robots

Coa colaboración do alumnado de Tecnoloxía e Enxeñaría de 1º Bacharelato montamos a primeira pista de adestramento de robots do Polo. Ten un deseño pensado para realizar distintos tipos de probas: precisión, persecución, barrendeiro... Agardamos sacarlle moito partido a partir do vindeiro curso.

Materias optativas do Departamento de Lingua Galega e Literatura

Non sabes que materias optativas escoller?

Aquí che ofrecemos información sobre as que ofertamos desde o Departamento de Lingua Galega e Literatura.

 

Anatomía Aplicada

Presentación da materia Anatomía Aplicada de 1º Bacharelato

Distribuir contido


by Dr. Radut