Skip to Content

Blogue de admin

Visita ao Parlamento de Galicia

Alumnado de 4º de ESO acompañado por Concha Sabucedo e Elena Martínez visitaron o Parlamento de Galicia e a facultade de Xeografía e Historia o día 19 de decembro.

Alumnado de Ciclo asiste á gravación do programa "Land Rober"

O alumnado do ciclo de Vídeo -DJ e Son do noso Instituto, foi o dia 15 de decembro ao plató 1000 da TVG para ver a gravación do programa desa canle "Land Rober"

Programa "A Ponte" entre o ensino medio e a USC

O dia 14 de decembro, o profesor emérito da USC don Luis Hervella, informou ao noso alumnado de 2º de bacharelato sobre as probas ABAU e sobre as titulacións e servizos que ofrece a USC aos seus estudantes. Foi unha sesión organizada polo Departamento de Orientación e que tivo lugar no Liceo de Noia.

Obradoiro sobre acoso escolar para 1º ESO

Ao longo de tres sesións realizouse, coordinado polo departamento de Orientación, un obradoiro sobre o acoso escolar para 1º ESO.

Roteiro xeolóxico polas rúas de Noia

O alumnado de Bioloxía - Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1º de bacharelato fixeron un percorrido polas rúas de Noia para localizar e clasificar rochas de uso ornamental. Foi o dia 1 de decembro durante as horas de clase da materia.

Día 25 de Novembro

Conmemoración do Día Internacional para a Eliminanción da Violencia contra as Mulleres

 

Distribuir contido


by Dr. Radut