Entre o 4 e o 8 de febreiro recibimos en Noia a 23 alumnos e alumnas franceses acompañados por tres profesores. Desenvolveron un intenso programa de actividades culturais, académicas e lúdicas. Foi moi emocionante telos entre nós. En maio serán os noso alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de Bacharelato os/as que visiten Tourcoing.
Noraboa ás nosas alumnas de 4º ESO por ter conseguido unha beca para estudar en EEUU e Canadá o próximo curso. Desexamos que a experiencia sexa moi grata e proveitosa. Botarémosvos de menos. Moita sorte.
O día 7 de febreiro asistimos no Coliseo Noela a unha representación teatral moi divertida organizada polo Departamento de Lingua Castelá. O alumnado de 1º, 2º e 3º ESO participou entre as 10,30 a 11,30 horas. Posteriormente, ás 11,45 horas foi a quenda do alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato.
O dia 27 de xaneiro, o alumnado de 2º de ESO, na materia de Programación asisteu a unha charla organizada polos seus profesores Felipe Roget e Emilio Regueira.