Skip to Content

CELEBRACIÓN DA SEGUNDA AVALIACIÓN

Boas tardes,
o pasado venres 27, pola tarde, a Consellería de Educación enviou instrucións aos centros educativos para que antes do 3 abril, e na medida do posible, formalizárase a realización da segunda avaliación cos datos das actividades evaluables realizadas polo alumnado con anterioridade ao estado de alarma.
O claustro do IES de Vilalonga, está traballando para dar cumprimento a estas instrucións, sendo conscientes de que quedaron exames por facer, traballos por entregar e probas por realizar.
As notas serán publicadas no Abalar Móbil o venres 3 ás 14:00 horas. Se nalgún grupo ou nivel fósenos imposible realizar a avaliación, tamén daremos aviso a través do Abalar Móbil.
Un saúdo e moita forza.
A dirección do IES de Vilalonga



page | by Dr. Radut