Proxecto #SenVandalismo
O obxectivo de Investigadores Sociais #SenVandalismo é sensibilizar e concienciar aos máis novos/as das consecuencias sociais e económicas que xera o vandalismo na súa contorna. O alumnado de 1º e 2º ESO do IES Val do Asma xunto a outros 9 centros de Galicia, participará de outubro a marzo neste proxecto socio educativo pioneiro a nivel autonómico, promovido pola Fundación Barrié e a Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES). Se queres saber máis sobre este proxecto preme aquí.