Skip to Content

Complementarias

Fin de curso 23-24

21/06/2024 12:35
21/06/2024 14:15

Último día lectivo adicado á devolución dos préstamos da biblioteca, devolución de chaves de taquillas, recollida de material, etc., e a partir das 12:35 horas, haberá un acto festivo, no Salón de Actos, que consistirá na proxección dunha curtametraxe e unha festa musical na que participarán Oscar & Friends e a actuación estelar de Diego BF.

Premios MEGABAU 2024

21/06/2024 11:00
21/06/2024 12:00

Acto de homenaxe aos Mellores Expedientes de Galicia ABAU 2024. En cursos anteriores, despois da ABAU, tiña lugar o acto de entrega de diplomas aos Mellores Expedientes, organizado pola USC. A partires de agora será un acto conxunto as tres universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional, aínda que cada curso será organizado por unha delas. Este ano a organización correspóndelle á Universidade da Coruña (UDC). O acto contará coa presenza das máximas autoridades académicas e políticas.

Dende o IES Val do Asma queremos unirnos aos parabéns das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo polos éxitos acadados polo estudantado do noso centro, que conta con unha estudante premiada. 

O venres, día 21 de xuño, ás 11:30 horas terá lugar o acto de recoñecemento, MEGABAU 2024, no Coliseum na cidade da Coruña da nosa alumna premiada que estará acompañada polo Director en funcións. Parabéns Ada!

Actividades LGTBIQ+

17/06/2024 09:00
20/06/2024 14:00

A biblioteca do IES Val do Asma coordinará unha actividade para a última semana de curso, na que, por unha banda, se dará a coñecer ao alumnado persoas de distintos ámbitos (ciencia, cinema, arte, música, literatura, ...) que sexan relevantes e representen ao colectivo LGTBIQ+ e, por outra, realizaránse proxeccións de películas sobre a diversidade na biblioteca.

Encontro coa escritora Andrea Maceiras

07/06/2024 11:45
07/06/2024 12:35

Alumnado do IES Val do Asma asistirá a un encontro coa escritora Andrea Maceiras co fin de dialogar arredor das obras A folla azul e O que sei do silencio.

Destinado a: Alumnado de 1º, 2º, 4º ESO e 3º PDC.
Lugar: Salón de Actos.
Organiza: Departamento de Galego.

 

Visita ao Encoro de Belesar

05/06/2024 09:30
05/06/2024 12:00

Visita á central hidroeléctrica do encoro de Belesar.

Dirixido a: Alumnado de CB informática de oficina, CB Mantemento de vehículos e CM Electromecánica de vehíclos.
Lugar: Belesar (Chantada).
Organiza: Departamento de Automoción.

Charla "Sensibilización sobre a diversidade afectivo - sexual"

04/06/2024 11:45
04/06/2024 13:25

Charla impartida por membros da asociación Arelas.

Dirixido a: Alumnado de 4º ESO.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

Encontro co xornalista e escritor Carlos Rodríguez Calvo

31/05/2024 10:25
31/05/2024 11:15

O xornalista e escritor Carlos Rodríguez Calvo do Carballiño, presentará o seu libro "El hombre blanco del río Nieva" como parte das actividades da semana da prensa.

Dirixido a: Alumnado de 2º ESO.
Lugar: Aula de música.
Organiza: Departamento de Música.

Final do Campionato de Xadrez

30/05/2024 11:15
30/05/2024 11:45

Celebración da final do campionato de xadrez. Neste torneo, aberto a todo o alumnado e persoal do centro, participaron 15 alumnos e alumnas de 1º ESO, 3º ESO e 3º PDC e un profesor e desenvolveuse desde o 15 ao 30 de maio. Na primeira fase formáronse 4 grupos nos que os integrantes xogaron entre si e pasau un participante á seguinte rolda, as semifinais, que se celebraron os días 27 e 28 de maio durante os recreos. 

Laboratorio de fotografía e identidade - 7ª sesión

27/05/2024 11:45
27/05/2024 12:35

Alumnado de 3º ESO e PDC terán unha nova sesión do laboratorio de fotografía e identidade  "O espello de Claude" impartido polo psicólogo e fotógrafo Fuco Reyes, ofrecido por Afundación.

Dirixido a: Alumnado de 3º ESO e 3º PDC.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

Correlingua 2024

24/05/2024 09:35
24/05/2024 14:15

Correlingua é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e a infancia e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. O alumnado do IES Val do Asma participará na carreira en prol do idioma que se celebrará en Monforte de Lemos.

Dirixido a: Alumnado de 1º e 2º ESO.
Lugar: Monforte de Lemos.
Organiza: Departamento de Galego.

Distribuir contido


by Dr. Radut