A profesora do grupo no que se atopa o alumnado coa materia pendente de cursos anteriores elaborará un plan de reforzo para estes alumnos. De todas formas, dado o carácter progresivo da materia, o alumnado que mellore e progrese adecuadamente poderá recuperar a materia se aproba a do curso actual. En calquera caso, ten dereito a unha proba extraordinaria no mes de maio e outra no mes de setembro.
Aparte da proba oficial de maio que marcará a Xefa de Estudos, dividiremos a materia de cada curso en dúas partes. En cada unha delas o alumnado terá que entregarlle ao profesor da materia do curso
actual as fichas de reforzo correspondentes e superar unha proba escrita. A entrega das fichas de repaso é imprescindible para poder presentarse á proba escrita.
Cada unha das partes en que se divide a materia considerarase superada si están entregadas as fichas de reforzo e na proba escrita se obtén unha nota de 5 ou mais. En caso de non superar algunha das partes o alumnado terá unha recuperación antes da proba oficial de xuño.
A materia pendente considerarase superada si foron superadas estas dúas partes con máis dun 5 ou ben se a media de ambas é superior a 5. Só se fará media entre as notas das dúas partes se a nota obtida é 3 ou mais.
Se algún alumno/a suspende unha soa das partes, antes da proba de xuño, terá opción a unha recuperación da parte non superada. En caso de non superar a recuperación desa parte, o alumnado en cuestión terá que facer a proba oficial de xuño na que entrará toda a materia.
Se a materia non se supera por partes, o alumnado terá que facer a proba oficial de xuño na que entrará a materia de todo o curso.
Para facilitarlle o traballo a este alumnado crearase un curso na Aula Virtual do centro.
As datas para as probas de matemáticas pendentes son as seguintes:
1º Parte
Entrega de fichas de traballo ao alumando: Venres 1 – outubro – 2021
Data límite para recollida de fichas polo profesorado: 23 de novembro de 2021
Proba escrita: Martes 30 de novembro de 2021
2º Parte
Entrega de fichas de traballo ao alumando: Martes 14 – decembro – 2021
Data límite para recollida de fichas polo profesorado: 3 marzo 2022
Proba escrita: Martes 8 de marzo de 2022
Excepcionalmente, se un alumno aproba a materia do curso actual en xuño quedaralle aprobada a do curso anterior.