Skip to Content

Actividades

VISITA AO DOLMEN DE DOMBATE

O día 24 de abril, o Departamento de Bioloxía en colaboración co Departamento de Educación Física organizaron unha saída ao Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate no municipio de Cabanas de Bergantiños. O alumnado de 1º da ESO xunto co alumnado do Club de Ciencia disfrutou da visita arqueolóxica, dun obradoiro de caza e un percorrido pola ruta dos MuíñosPara máis información prema: aquí

PLANTANDO CARA O LUME

O pasado luns 15 de abril, o Departamento de Bioloxía e a Biblioteca do IES Terra de Xallas organizou unha actividade colaborativa coa Facultade de Bioloxía (Área de Ecoloxía) da USC. O alumnado e o seu profesorado participaron nunha estratexia de Aprendizase-Servizo (Aps) para a loita contra os incendios forestais. Para máis información prema: aquí

VIAXE DE 2º DE BACHARELATO

O pasado mércores 6 de marzo o alumnado de 2º de Bacharelato disfrutou dunha viaxe de tres días organizada polo Departamento de Ciencias Naturais e cofinanciada pola Biblioteca. Visitaron As Médulas, Astorga, Covas de Valporquero, Praia de Bares, Porto de Espasante, Cariño, Cabo Ortegal e os Cantís de Vixía Herbeira. Galería de fotos

 

VISITA Á X FEIRA DE MINERAIS

O venres 1 de marzo, o alumnado de 1º da ESO e de 2º de Bacharelato que cursa Xeoloxía visitou a X Feira de Minerais celebrada en Area Central (Santiago de Compostela). O alumnado acudiu a Charla sobre "Cobalto, la fiebre del oro azul" impartida polo xornalista da Vanguardia, Xavier Aldekoa, e participou nos obradoiros de Mineraloxía, Fósiles, Identificación de minerais e Bateo de Ouro. A saída foi organizada polo Departamento de Ciencias Naturais. Se queres coñecer algo máis sobre a visita, Preme aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut