Skip to main content

Webs corporativas de empresas

VISITA AS WEBS DAS EMPRESAS QUE CHE INTERESAN E SÍGUELLE A PISTA ÁS QUE SE ATOPEN NUN MOMENTO DE EXPANSIÓN

As empresas de tamaño mediano ou grande dispoñen de web corporativa cun apartado de emprego, a través da cal podes ver as súas ofertas de traballo e mesmo podes facerlles chegar o teu currículum aínda que nese momento non dispoñan de vacantes axustadas ao teu perfil profesional.

Visita a súa web, infórmate dos servizos que prestan, dos seus proxectos, clientes para os que traballan, provincias ou países nos que están presentes… SÍGUELLE A PISTA ÁS QUE SE ATOPEN NUN MOMENTO DE EXPANSIÓN.

Na seguinte táboa podes ver algunas empresas galegas que realizan traballos acordes coas competencias profesionais dos ciclos que se imparten no IES de TEIS, pero non te limites a estas, hai moitas máis nas que ti podes atopar traballo.

PREME AQUÍ PARA VER UN LISTADO DE EMPRESAS DOS SECTORES IMAXE PERSOAL E INFORMÁTICA