Título que se obtén
Técnico en Sistemas Microinformáticos e Redes
Réximes nos que se imparte
- Ordinario:
-
- Luns: 08:10 - 15:20; Martes a Venres: 08:10 - 14:30.
- Persoas adultas (distancia): Neste réxime o alumnado sigue as clases a través dunha plataforma de ensino a distancia con titorías presenciais unha vez á semana.
Saídas profesionais
Técnico en Sistemas Microinformáticos e Redes
Estas persoas exercen a súa actividade principalmente en empresas do sector de servizos dedicadas á comercialización, á montaxe e á reparación de equipamentos, redes e servizos microinformáticos en xeral, como parte do soporte informático da organización, ou en entidades de calquera tamaño e calquera sector produtivo que utilicen sistemas microinformáticos e redes de datos para a súa xestión.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Técnico/a instaladora/a ou reparador/a de equipamentos informáticos.
- Técnico/a de soporte informático.
- Técnico/a de redes de datos.
- Reparador/a de periféricos de sistemas microinformáticos.
- Comercial de microinformática.
- Operador/a de teleasistencia.
- Operador/a de sistemas.
Duración
Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.
Idiomas
- O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass
En que quenda queres facer este ciclo?
Ordinaria
Estes estudios teñen unha duración de 2 anos académicos, realizando no último trimestre do 2º ano prácticas en empresas por un total de 410 horas.
A lista de módulos (materias) é a seguinte:
MÓDULOS DO PRIMEIRO CURSO | HORAS |
Sistemas operativos monoposto | 160 |
Aplicacións ofimáticas | 240 |
Redes locais | 213 |
otro Montaxe e mantemento de equipamentos | 240 |
Formación e orientación laboral | 107 |
MÓDULOS DO SEGUNDO CURSO | HORAS |
Sistemas operativos en rede | 157 |
Seguridade informática | 140 |
Servizos en rede | 157 |
Aplicacións web | 123 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Formación en centros de traballo | 410 |
Persoas adultas
Estes estudios son modulares, polo que alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. A duración para acabar estes estudios é de dous curso académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo.
Como o alumnado pode matricularse de calquera módulos en calquera orde, o profesorado do departamento de Informática recomenda o seguinte itinerario:
MÓDULOS DO PRIMEIRO ANO | HORAS |
Sistemas operativos monoposto | 160 |
Aplicacións ofimáticas | 240 |
Redes locais | 213 |
Montaxe e mantemento de equipamentos | 240 |
MÓDULOS DO SEGUNDO ANO | HORAS |
Sistemas operativos en rede | 157 |
Seguridade informática | 140 |
Servizos en rede | 157 |
Aplicacións web | 123 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Formación e orientación laboral | 107 |
MÓDULOS DO TERCEIRO ANO | HORAS |
Formación en centros de traballo | 410 |
O departamento de informática recomenda:
- Para cursar Sistemas operativos en rede convén ter cursado:
- Sistemas Operativos Monoposto
- Redes Locais
- Para cursar Seguridade informática convén ter cursado:
- Sistemas Operativos Monoposto
- Redes Locais
- Para cursar Servizos en Rede convén ter cursado:
- Sistemas Operativos Monoposto
- Redes Locais
Se un alumno se matricula de módulos de primeiro e de segundo o mesmo ano (tendo en conta o itinerario proposto), é moi posible que se solapen en horario.