Skip to main content

CHARLAS "QUE NON TE LÍEN, TI ELIXES"

Charla Que non te lien

O pasado luns 27 de novembro os cursos de 3º e 4º da ESO tiveron as charlas “Que non te líen, ti elixes” con Iris e mais Lidia (patroa de altura, piloto da mariña mercante e capitá de pesca). Este programa que está impulsado polas Consellerías de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e de Promoción do Emprego e Igualdade, pretende o desenvolvemento de actuacións que favorezan unha conciencia libre de estereotipos de xénero e de prexuízos respecto das profesións con pouca representación feminina entre as alumnas da etapa educativa da ESO. No IES de Teis queremos fomentar unha educación libre de prexuízos e que as rapazas estuden o que lles guste. Tedes a ligazón ao vídeo promocional do sector pesqueiro que foi a charla que tivemos no noso IES. Tamén podedes ver algunhas das fotos do acto.

https://www.youtube.com/watch?v=gkvYVkkMNOM

 

Galería de imaxes do evento

Charla Que non te lien Charla Que non te lien Charla Que non te lien Charla Que non te lien Charla Que non te lien

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License