Skip to main content

O alumnado de 3º ESO asiste á obra teatral Golfa sobre pedagoxía da sexualidade en RRSS

Obra teatro acoso virtual despois dunha relación

O pasado 30 de outubro, O Departamento de Orientación e o Grupo de Igualdade e Diversidade do IES de Teis, levaron a todo o alumnado de 3º ESO a ABANCA Teatro Afundación a ver a obra de teatro: Golfa. É unha obra que trata o tema do acoso virtual tras finalizar unha relación (relacionado coa violencia de xénero). É un exercicio escénico sobre pedagoxía da sexualidade nas Redes Sociais. Trala obra de teatro, houbo un coloquio/encontro cos actores e actrices así como coa sexóloga especializada en xénero pola Fundación Sexpol e a traballadora social Bárbara Penas.

 

Imaxes do curso

Obra teatro acoso virtual despois dunha relación Obra teatro acoso virtual despois dunha relación

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License