Skip to main content

Obradoiro de robótica

O xoves 21 de maio de 2015 os alumnos de 1º Bacharelato B realizaron un obradoiro de robótica na Fundación Barrié.

A actividade estaba dividida en dúas partes dunha hora, na primeira os participantes aprendían a manexar os robots educativos e na segunda tiñan que resolver distintos retos sen a axuda dos profesores ou monitores. Ao final os dous grupos de alumnos do IES de Teis acadaron as mellores puntuacións dos 9 grupos que acudiron ao obradoiro, polo que estimamos como positiva esta actividade de cara a repetila en anos posteriores.

 

Galería de imaxes do evento