Skip to main content

PROPOSTA DIDÁCTICA.PROGRAMA DE AUXILIARES DE CONVERSA 2015/2016

TÍTULO: “ENTERING IN THE WORK WORLD”

DESCRIPCIÓN:

O alumnado do CS Estética e Benestar ten, entre as posibles saídas laborais, a de traballar nun Balneario ou centro Wellness dun país estranxeiro ou no que sexa necesario o dominio do inglés.

Para participar nun proceso selectivo é necesario dominar diferentes aspectos relativos a elaboración do CV e dunha carta de intención (ou solicitude do posto de traballo ofertado), así como enfocar unha entrevista de traballo para optimizar ese momento nun cara a cara coa persoa responsable da selección de persoal.

Co apoio de Francesca, asistente de linguas, realizáronse varias sesións lectivas nas que se desenvolveron todos os aspectos que se deben ter en conta, describíronse modelos de CV e de carta de solicitude, leváronse a cabo sesións de simulación de entrevista, e debatéronse en grupo os “do´s and dont´s”, é dicir, que debemos facer e que debemos omitir nunha entrevista de traballo.

Grazas a Francesca polo seu asesoramento lingüístico e a súa total implicación no proxecto!!

 

Vigo, 18 de maio de 2016

AdxuntoTamaño
Entering the Work World_pdf.pdf2.07 MB