Skip to main content

A experiencia en Malta de Xurxo

<br />
A experiencia en Malta de Xurxo

Chámome Xurxo, son do segundo ano do ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes. Fixen a miña FCT de Erasmus en Malta, foi unha experiencia moi boa, coñecín Malta, aprendín a vivir de forma autónoma e a ser máis responsable e practiquei moito Inglés entre outras cousas.

A miña empresa de practicas foi ISPY Projects, que é unha empresa de instalacion de camaras de seguridade, alarmas, detectores de fume... Como era unha empresa de instalacion de camaras non estabamos nunha oficina senón que tiñamos que ir por diferentes lugares da illa instalando, reparando ou facendo mantemento. Como a maioría das veces íamos a varios sitios cada día o meu xefe viña coa furgoneta a buscarme a miña casa e levávame aos sitios.Traballabamos en restaurantes, hoteis, oficinas, nunha igrexa....Grazas ao traballo o primeiro mes xa me coñecía practicamente toda a illa.

Recomendo moito vivir esta experiencia de Erasmus no estranxeiro.

 

A experiencia en Malta de Xurxo