Skip to main content

Prazos para reclamación contra as cualificacións finais de Ciclos Formativos de Formación Profesional (Xuño de 2021)

Procedemento para reclamación contra as cualificacións finais para ciclos de Formación Profesional e modelo de solicitude de reclamación.

Prazos:

  • Comunicación das cualificacións finais (vía AbalarMóbil): 25 de xuño de 2021
  • Prazo de reclamación ante a dirección do centro: do 28 ata as 13:30 horas do 29 de xuño de 2021 (presentaranse por escrito, na secretaría do centro, segundo impreso dispoñible na mesma, dirixidas á dirección do centro).
  • As persoas que presenten reclamación quedan convocadas para o xoves 1 de xullo de 2021, ás 12:00 horas, onde se lles dará entrega da resolución da dirección do centro.