Skip to main content

Entrevistas de traballo

Cuestións a ter en conta para unha entevista de traballo:

  • Realiza unha investigación previa da empresa a través da web, redes sociais, preguntando a coñecidas/os…Recompila información sobre traballos que realiza, servizos que presta, sedes, etc.
  • Sé puntual.
  • Repasa ben os teus datos profesionais, formativos…os datos do currículum.
  • Fai unha lista de posibles preguntas e prepara respostas, sobre todo para aquelas que che resulten especialmente difíciles.
  • Intenta chamar a persoa que te entreviste polo seu nome.
  • Escoita con atención e responde dando información ás preguntas que che formulen, de maneira sinxela pero ó mesmo tempo demostrando que coñeces a profesión con termos adecuados á mesma. Coida a comunicación, tamén a non verbal, mira ós ollos desa persoa.
  • Intenta mostrar seguridade en ti, confiando nas túas capacidades e calidades para desempeñar ese posto de traballo.
  • Móstrate educado/a e demostra interese.