Título que se obtén
Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma
Réximes nos que se imparte
- Ordinario:
-
- Luns: 08:10 - 15:20; Martes a Venres: 08:10 - 14:30.
- Persoas adultas (presencial): Neste réxime a matrícula é modular (por materias). A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida. O horario xeral é:
- Luns, Martes, Mércores e Venres: 16:00 - 22:05; Xoves: 17:40 - 22:05
- Persoas adultas (distancia): Neste réxime o alumnado sigue as clases a través dunha plataforma de ensino a distancia con titorías presenciais unha vez á semana.
Saídas profesionais
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en entidades públicas ou privadas de calquera tamaño, tanto por conta allea como por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicación informáticas multiplataforma en diversos ámbitos: xestión empresarial e de negocio, relacións con clientes, educación, lece
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:r, dispositivos móbiles e entretemento; aplicación desenvolvidas e implantadas en contornos de alcance intranet, extranet e Internet; e implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.
- Desenvolvedor de aplicacións informáticas para a xestión empresarial e de negocio.
- Desenvolvedor de aplicacións de propósito xeral.
- Desenvolvedor de aplicacións no ámbito do entretemento e a informática móbil
Duración
Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.
Idiomas
- O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass
En que réxime queres facer este ciclo?
Ordinario
Estes estudios teñen unha duración de 2 anos académicos, realizando no último trimestre do 2º ano prácticas en empresas por un total de 384 horas. Ademais neste trimestre tamén se cursa o módulo de Proxecto (26 horas)
A lista de módulos (materias) é a seguinte:
Módulos do primeiro ano | Horas |
Bases de datos | 187 |
Contornos de desenvolvemento | 107 |
Programación | 240 |
Sistemas informáticos | 186 |
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | 133 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Módulos do segundo ano | Horas |
Acceso a Datos | 107 |
Desenvolvemento de interfaces | 140 |
Programación multimedia e dispositivos móbiles | 123 |
Programación de servizos e procesos | 70 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Sistemas de xestión empresarial | 87 |
Proxecto de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma | 26 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Persoas adultas
Estes estudos son modulares, polo que alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. A duración para acabar estes estudios é de dous curso académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo e do módulo de proxecto.
Como o alumnado pode matricularse de calquera módulos en calquera orde, o profesorado do departamento de Informática recomenda o seguinte itinerario:
MÓDULOS DO PRIMEIRO CURSO | HORAS |
Bases de datos | 187 |
Contornos de desenvolvemento | 107 |
Programación | 240 |
Sistemas informáticos | 186 |
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | 133 |
MÓDULOS DO SEGUNDO CURSO | HORAS |
Acceso a Datos | 107 |
Desenvolvemento de interfaces | 140 |
Programación multimedia e dispositivos móbiles | 123 |
Programación de servizos e procesos | 70 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Sistemas de xestión empresarial | 87 |
MÓDULOS DO TERCEIRO CURSO | HORAS |
Formación en centros de traballo | 384 |
Proxecto de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma | 26 |
En xeral é conveniente ter cursados os módulos do primeiro curso antes de cursar os módulos de segundo curso.
En particular recomendamos:
- Cursar ao mesmo tempo no primeiro ano
- Programación
- Contornos de Desenvolvemento
- Para cursar calquera dos módulos de segundo convén ter cursado Programación
- Para cursar Acceso a Datos convén ter cursado:
- Programación
- Bases de Datos
- Para cursar Programación multimedia e dispositivos móbiles convén ter cursado:
- Programación
- Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión da Información
- Bases de Datos
Se un alumno se matricula de módulos de primeiro e de segundo o mesmo ano (tendo en conta o itinerario proposto), é moi posible que se solapen en horario.