Skip to main content

Carta de presentación

A carta de presentación debe acompañar ao currículum, a modo de tarxeta de presentación.

Pensemos na actuación que teriamos coa persona, que representa á empresa na que queremos traballar, ao atoparnos con ela por primeira vez. Optariamos por presentarnos, indicar que nos gustaría poder traballar na súa empresa e por que razóns, e falariamos da nosa traxectoria laboral. Agora intentemos trasladar esta actuación a un papel en branco e redactar o que diriamos.

Cuestións a ter en conta antes de redactar a carta de presentación:

  • Infórmate sobre a empresa a que te dirixes e sobre o posto ao que aspiras. Podes visitar a web da empresa, perfil en Linkedin da persoa responsable, preguntar a coñecidos, etc…
  • Debes dirixila ao departamento de Recursos Humanos, responsable de selección, ou ben indicar nome e apelidos da persoa concreta que ocupa estes postos. Cando a carta vai dirixida a unha persoa concreta aumenta as posibilidades de ser lida.
  • Adapta o contido da carta a cada empresa e posto de traballo, non empregues sempre o mesmo texto. Se usamos o mesmo modelo para todas as empresas será moi xenérico e non achegará o valor e a diferenciación que queremos.
  • Transmite o teu interese por traballar nesa empresa e argumenta as razóns que te converten nun/nunha profesional axeitada para o posto.
  • É moi importe redactar de forma clara e sinxela e revisar ben a ortografía da mesma. Podes perdirlle a outras persoas que a lean antes de enviala.