Nun salón de actos abarrotado polo alumnado, as súas familias e o seu profesorado tivo lugar o acto de despedida dos 91 alumnos e alumnas da promoción 2012-13 de 2º de Bacharelato.
O acto, organizado polo própio alumnado enriqueceuse con danza, a entrevista a un ex-alumno, recoñecido autor de cómic, a entrega de orlas, un "vídeo sorpresa" e as palabras do director e de Inés Amarelo García en representación do alumnado.
Rematouse cun fermoso tango interpretado en cuarteto de corda, uns pinchos ofrecidos polo alumnado ás familias e profesorado e, como colofón, unha cea con máis de noventa asistentes. Unha xornada inesquecible.
Máis información gráfica
Adxunto | Tamaño |
---|---|
GRADUACIÓN_InésAmareloGarcía.pdf | 37.93 KB |
FIN_DE_CURSO_Bac2_2012-13.pdf | 34.82 KB |