La Voz de Galicia recolle a actividade investigadora dos alumnos que cursan o bacharelato STEM no IES Sofía Casanova. 17 alumnos están involucrados en varios proxectos de investigación coordinados por profesores da Universidade da Coruña (UDC): oito deles na Escola Politécnica Superior (EPS), un vinculado á Facultade de Enfermería e Podoloxía e outro co departamento de Física e Ciencias da Terra. |