Skip to Content

Seguridade en Internet

   

     Os días 29 e 30 de outubro, ao salón de actos do instituto, acudiron especialistas no tema da seguridade en Internet para dar ao alumnado unhas charlas. O depto. de Orientación organizou a sesión “Identidade segura” para 4º ESO e a sesión “Compras seguras na rede” para 1º bacharelato; foron impartidas estas dúas sesións no marco do programa “Jóvenes Seguros en la Red” da Asociación Participa, coa colaboración de Santander Consumer Finance.

    Ao día seguinte, as charlas sobre seguridade e internet destináronse ao alumnado de 1º e 2º de ESO; incríbense estas charlas dentro do plan Navega con Rumbo do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia.



page | by Dr. Radut