Skip to Content

Visita ó Campus de Ferrol

   

    " O Venres, día 13 de Abril, o alumnado de 4º curso da ESO (72 alumn@s) do IES "Sofía Casanova" participou na actividade de "Percorrido Xeral polo Campus de Ferrol", organizada polo SAPE e coordinada por Carmen Lorenzo, Xefa de Negociado de Acceso e atención ao estudante do Campus de Ferrol, e coa cal tivemos a oportunidade de coñecer parte do seu patrimonio histórico e arquitectónico.

O percorrido, comenzou ás 9:00 horas no Edificio do Salón de actos, onde Carmen fixo unha presentación do SAPE e iniciamos cunha foto de grupo unha grata xornada de excursión polo Campus, que parte da Escola Politécnica Superior, continúa coa visita á Facultade de Humanidades e Documentación, Escola Universitaria de Deseño Industrial e Facultade de Enfermaría e Podoloxía.

     Realizase unha parada na que somos convidados a un reconfortante chocolate con churros na cafetería do campus e continuamos coa visita á Facultade de Ciencias do Traballo.

    Finalmente, trasladámonos en bus ata o campus de Serantes a visitar a Escola Universitaria Politécnica onde remata a nosa xornada e de volta ao bus para chegar ao noso Instituto!!.

    Grazas a tod@s pola vosa organización, participación e colaboración!



page | by Dr. Radut