Skip to Content

I XORNADAS DE ORIENTACIÓN FERROLTERRA

   

    Os alumnos de 1º e 2º de bacharelato do IES Sofía Casanova asistiron o día 27 de febreiro ás I Xornadas de Orientación Académica e Profesional de Ferrolterra, organizadas pola dirección e o departamento de Orientación do IES LEIXA, en colaboración co Concello, o Conservatorio de Música Xan Viaño e o CFR de Ferrol. 
    Celebráronse estas xornadas co obxectivo de asesorar e informar aos estudantes sobre as diferentes ofertas educativas post- obrigatorias, (tanto de Formación Profesional coma de distintas Universidades), así como sobre programas europeos e bolsas de estudos.

    As mesas das distintas Universidades, Escolas Universitarias, e a oferta de FP dos centros representados na mostra permaneceron abertas de 10 a 14 h. Participaron nas mesas a Universidade de Santiago, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo, a Universidade Europea de Madrid, o Centro Superior de Hostelería de Galicia, CESUGA, o Conservatorio Superior da Coruña, a Escola de Negocios //Afundación, a Escola de Turismo e CENP, a Escola de pilotos de liñas áereas, a EASD Pablo Picasso da Coruña, a Escola Superior de Arte Dramática, a Escola Superior de Conservación de Bens Culturais, a Escola Superior Marcelo Macías, a Escola Universitaria de Traballo Social, o IES Carballo Calero, o IES Concepción Arenal, o IES de Fene, o CIFP Ferrolterra, o IES Fraga do Eume, o IES de Leixa, o CIFP Rodolfo Ucha, o IES Saturnino Montojo, Programas Formativos Básicos de Ferrolterra, SAPE Universidade da Coruña e Ministerio de Defensa.



page | by Dr. Radut