Skip to Content

Cousas dos Ciclos

Aquí vos deixo unha foto dunhas disolucións coas que estamos a traballar estes días no laboratorio de Biotecnoloxía dos Ciclos Formativos. A práctica, concretamente, consiste en estudiar a actividade dunha enzima, a celobiasa, que rompe a ligazón glicosídica beta(1-4) da celobiosa, un disacárido natural obtido a partires da celulosa. Si, esa molécula da que sempre escoitamos falar por formares parte da parede celular nas células eucariotas vexetais.

Coas disolucións da imaxe, de concentracións coñecidas, facemos unha curva patrón cun aparello chamado espectofotómetro, medindo a luz (de 410 nm de lonxitude de onda) que atravesa cada disolución. Logo podemos usar esa curva para saber a concentración de outras disolucións do mesmo composto pero das que non sabemos a súa concentración. Se queredes ver algo de esto, falade co voso titor/a ou profe de ciencias para que vos traia a ver os laboratorios de Ciclos do IES "A Sardiñeira". 

 

Disoluciones patrón p-Nitrofenol


blog | by Dr. Radut